Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A nova ferramenta OiRA axuda á avaliación dos riscos relacionados coa COVID-19

05-06-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Coa relaxación das restricións impostas pola COVID-19 en toda Europa, moitas empresas e organizacións están a planificar a maneira de volver ao traballo de forma segura. A Plataforma interactiva de avaliación de riscos en liña - OiRA da EU-OSHA creou unha ferramenta específica en apoio deste proceso.

Esta ferramenta interactiva pode contribuír a identificar, avaliar e xestionar os riscos que expón a COVID-19 para asegurar o retorno das persoas ao seu lugar de traballo de maneira segura e saudable. Esta ferramenta cobre toda unha serie de situacións, como a estratexia para seguir se unha persoa ten síntomas de COVID-19, como garantir a distancia física no lugar de traballo e xestionar as relacións con servizos externos.

A ferramenta  OiRA para a COVID-19 está dispoñible para os socios de OiRA para a súa adaptación ás súas regulacións e situacións nacionais. Algúns sectores de actividade terán que completar estas recomendacións de OiRA con requisitos máis específicos.

Proba a ferramenta OiRA de avaliación de riscos da COVID-19 (en inglés)

Ligazón á Plataforma interactiva de avaliación de riscos en liña OiRA da EU-OSHA

Ligazón á páxina especial COVID-19 para obter máis recursos e orientacións específicas por sectores.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS