Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo ten data de aprobación

15-12-2014 - Saúde laboral

A nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo, logo de ter sido obxeto do diálogo social, está previsto que sexa aprobada na próxima reunión da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde. A finalidade da nova Estratexia non é outra que manter, complementar e reforzar, de forma activa, todos os programas ou medidas para conseguir crear unha verdadeira conciencia social que poña de manifesto a importancia do cumprimento das normas preventivas e as graves consecuencias que poden derivarse do seu incumprimento.

A nova Estratexia está a elaborarse sobre a base do consenso, sendo os seus principais obxectivos:

(i) Mellorar a efectividade das actuacións das Administracións Públicas en materia de prevención de riscos laborais,

(ii) Impulsar a coordinación entre Administracións Públicas,

(iii) Potenciar actuacións relacionadas coa análise, investigación, promoción, apoio e control, formación e asesoramento en prevención á empresa,

(iv) Potenciar as actuacións en relación con determinados colectivos, sectores ou riscos: Pemes, TME ( trastornos músculo-esqueléticos), seguridade viaria, laboral, etc., e

(v) Fortalecer o papel dos interlocutores sociais na mellora da Saúde e Seguridade no Traballo.

 

Fonte: prevencionar.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS