Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A mercantilización das sociedades de prevención

24-03-2015 - SSPPAA

O vindeiro 31 de marzo rematará o proceso de privatización das sociedades de prevención das Mutuas tal e como se contempla na Lei 35/2014, do 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social. As sociedades de prevención están a funcionar como servizos de prevención alleos para moitas empresas, encargándose das actividades de prevención de riscos laborais que se lles contratan: elaboración de plans de prevención, formación en prl, vixilancia da saúde, etc.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social forza a venda destas sociedades coa idea de que as Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social, entidades definidas sen ánimo de lucro, non realicen actividades comerciais.

A día de hoxe, son varias as sociedades que teñen xa cambiado de propietarios. Nalgún caso foi a propia directiva xunto cos traballadores/as os que asumiron a compra como no caso de Ibermutamur, que foi vendida por 13 millones ao seu equipo directivo e empregados.

Mais resulta sorprendente a venda doutras sociedades ben posicionadas no sector, como Fraternidad Muprespa, Mutua Universal e MC Mutual ao grupo sanitario IDC Salud, un xigante da sanidade privada controlado por CVC,  un fondo de capital risco. Este grupo está a optar por facerse co control de Fremap, a sociedade de prevención máis grande do sector; se finalmente o consegue tería baixo control o 30% deste sector, logo dunha inversión duns cen millóns de euros.

No caso de pechar esta compra, o grupo IDC Salud podería manexer datos sanitarios de máis de catro millóns de traballadores e traballadoras de algo máis de cento cincuenta e catro mil empresas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS