Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A identificación de prioridades para a investigación sobre seguridade e saúde ocupacional contribuirá ao logro dos obxectivos de Europa para 2020.

26-03-2014 - EU-OSHA

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) identificou unha serie de áreas prioritarias básicas para a investigación da seguridade e a saúde no traballo (SST) que contribuirán ao logro dos obxectivos de Europa para 2020.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As prioridades establecéronse en torno a catro temas principais:

  1. Cambio demográfico;
  2. A globalización e o mundo laboral cambiante;
  3. SST e novas tecnoloxías; e
  4.  Acrecente exposición a axentes químicos e biolóxicos no traballo.

A identificación de prioridades permitirá unha mellor coordinación das actividades de investigación e unha asignación máis eficiente dos recursos nos próximos anos. Isto é fundamental para axudar a traducir a investigación da SST en solucións prácticas e accesibles no lugar de traballo que melloren a seguridade e a saúde dos traballadores.

A resposta da EU-OSHA aos retos aos que se enfronta actualmente Europa explícase con detalle no informe titulado «Prioridades para a investigación sobre seguridade e saúde ocupacional en Europa: 2013-2020». Nel insístese na contribución que a investigación da SST pode realizar á consecución dos obxectivos da estratexia Europa 2020 e o programa Horizonte 2020 para un crecemento intelixente, sostible e integrador.

A Directora da EU-OSHA, Christa Sedlatschek, declarou: Neste momento de crise económica, fai máis falta que nunca unha estratexia de SST a escala europea, e as cuestións relacionadas coa seguridade e a saúde no traballo teñen que ocupar un lugar prioritario na axenda política. Débese facer fincapé no vínculo entre SST, competitividade e rendemento das empresas. O crecemento económico debe ir sempre da man da estabilidade social e a sostibilidade.»

E engade: «A EU-OSHA ten que realizar unha contribución esencial a garantir que a investigación de alto nivel sobre a SST se traduza en solucións prácticas e accesibles no lugar de traballo. É fundamental que a Axencia coordine a investigación e comunique os riscos tanto aos traballadores coma aos empregadores.»

En consecuencia, a EU-OSHA ten a intención de seguir traballando na liña deste informe e organizará un seminario en 2014 para avaliar unha lista abreviada de prioridades para a investigación sobre SST e as perspectivas futuras.

Tendo en conta os últimos avances do coñecemento científico neste campo, os cambios no mundo laboral e as tendencias que afectan á SST, no informe considéranse retos como:

Estas prioridades para a investigación sobre SST analizáronse no contexto da estratexia Europa 2020 e o programa Horizonte 2020 nun seminario celebrado en Bruxelas os días 8-9 de outubro de 2013 co título «Avanzar cara a 2020 - prioridades para a investigación sobre SST nos anos 2013-20». Ao seminario asistiron directores de investigación e representantes dos órganos de financiamento, os Estados membros e a Comisión Europea.

 


Ligazóns:

Lea o informe completo (en inglés)

Lea o resumo (en inglés)

Presentacións e relatorios do seminario

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS