Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A dixitalización e os seus efectos nos trastornos musculoesqueléticos

22-07-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Neste artigo revísase como está a afectar a dixitalización á poboación activa de Europa e como inflúe nos factores de risco psicosociais (a tensión laboral, a carga de traballo, a conciliación da vida profesional e a vida privada...) e os factores de risco físicos ( as tarefas repetitivas, a postura...) para os trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo. Así mesmo, aborda a prevención destes trastornos e a promoción da saúde e o benestar no traballo.

A dixitalización trouxo consigo numerosos cambios na natureza e a organización do traballo; dende onde e cando o realizamos ata as novas tecnoloxías que utilizamos para iso. Este documento examina os efectos da dixitalización e as novas formas de traballo no contexto dos trastornos  musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo, incluíndo a exposición a factores de tensións  biomecánicos e riscos psicosociais.

No devandito documento conclúese que hai que adaptar constantemente as medidas de prevención e xestión dos TME para atender á evolución das tecnoloxías dixitais e os cambios organizativos.

Ligazón ao artigo A dixitalización do traballo: factores de risco psicosociais e trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo -en inglés-

Máis información no documento Políticas e prácticas de prevención: enfoques para abordar os trastornos  músculoesqueléticos relacionados co traballo

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS