Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A Xunta promove o uso seguro do tractor cunha nova campaña

25-11-2020 - ISSGA

A Xunta pon en marcha unha nova campaña para reducir os accidentes co tractor. A iniciativa foi deseñada pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, co obxectivo de fomentar o uso seguro do tractor, o aumento do número de tractores provistos de estrutura de protección e cinto de seguridade e a importancia de facer uso deles.

Preténdese acadar a concienciación do sector primario mediante a formación e a información respecto ao risco de envorco e as súas consecuencias. A previsión é chegar ao maior número posible de agricultores, gandeiros e gandeiras, traballadores e traballadoras forestais e todos aqueles e aquelas que  teñan relación coa utilización do tractor no agro galego.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) considera necesario incidir na prevención de riscos laborais e lembra que unha gran maioría dos sinistros co tractor non teñen a consideración de accidentes de traballo, xa que os sofren en gran número persoas maiores de 65 anos e nunha alta porcentaxe persoas con idade incluso máis avanzada. Na Galiza, entre os anos 2016 e o primeiro semestre de 2020, producíronse tres accidentes mortais por envorco con consideración de sinistro laboral.

Os accidentes con tractor son debidos principalmente pola ausencia de estrutura de protección e de cinto de seguridade ou ao non uso deles, ben por levar a estrutura pregada ou non levar o cinto abrochado.  Por isto, a campaña incide na importancia da instalación de estruturas de protección e cinto de seguridade, así como no uso destes elementos. O documento técnico deseñado trata aspectos relacionados cos factores de risco, a gravidade das lesións, as medidas preventivas e de protección e a condución segura do tractor, entre outros.

Ligazón ao cartel técnico

Ligazón ao documento técnico

Ligazón ao cartel divulgativo

Ligazón ao tríptico

Todo o material, que está dispoñible na páxina web: www.tuvidasinvuelcos.com

ISSGA

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS