Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A Comisión podería publicar unha nova estratexia europea de seguridade e saúde en primavera de 2014

08-01-2014 - SAÚDE LABORAL

Bruxelas aprazou a adopción da estratexia de saúde e seguridade europea, que dende 2002 permitiu que os estados membros se movan en igualdade de condicións para protexer aos traballadores. Supoñíase que a nova estratexia europea debía ser aprobada dentro do ano 2012 para o novo período 2013-2020, pero ata agora, gran parte do traballo no ámbito político progresou a cámara lenta.

"A Comisión parece crer que a estratexia de Seguridade e saúde do traballo é un luxo en tempos de crise económica. O que conta para eles é a cantidade de empregos e non a súa calidade", dixo Laurent Vogel, investigador na unidade das condicións de traballo do Instittuto Sindical Europeo (ETUI).

A principios deste ano, en marzo, a Comisión publicou unha avaliación da estratexia europea de 2007-2012 que encargara á consultora danesa COWI. A avaliación é inequívoca na recomendación dunha nova estratexia para o próximo período co fin de explotar mellor o potencial de creación de valor engadido europeo. "Hai evidencias que apoian o argumento de que a saúde e a seguridade no traballo pode crear beneficios que superarán os seus custos", di o documento, que dá unha serie de recomendacións como a necesidade dunha nova estratexia.

Un voceiro da Comisión insistiu en que o Executivo comunitario pospuxo a acción para levar a cabo unha análise en profundidade co fin de decidir sobre os próximos pasos e actualmente está a avaliar as respostas á consulta pública posta en marcha durante o verán e que recibiu máis de 500 respostas.

A avaliación das dúas estratexias anteriores mostra claramente os efectos positivos tanto nos sistemas de saúde e seguridade ocupacional (SST) como na diminución dos accidentes de traballo, explicou o voceiro. O voceiro non dixo cando será publicada a próxima estratexia, se chega a materializarse, pero "podería ser na primavera de 2014", agregou.

Dise que o documento non será unha estratexia, senón unha política-marco. O voceiro da Comisión manifestou que era demasiado pronto para dicilo. "En todo caso, o contido é máis importante que o título", agregou.

Os sindicatos temen que esteamos a deslizarnos cara a unha renacionalización da política e a lexislación sobre saúde e seguridade. "Se imos cara a unha renacionalización haberá enormes diferenzas entre os países", dixo Vogel. Mesmo aínda que non houbese unha estratexia da UE, algúns países manterían un alto nivel de protección nas súas políticas nacionais. Ese sería o caso de Bélxica, o Países Baixos, Francia e Dinamarca, engadiu Vogel. Pero para outros, é claro que a estratexia da UE foi o impulsor das estratexias nacionais, engadiu.

BUSINESSEUROPE, a principal organización de empresarios europeos, dixo: "É positivo que a Comisión decidise avaliar en 2014 -2015 a eficacia da lexislación vixente da saúde e seguridade da UE. Antes de deseñar un novo enfoque en materia de seguridade e saúde no traballo, debe ser acordado un novo obxectivo estratéxico común. A orientación debe ser garantir unha igualdade de condicións nos requisitos de seguridade e saúde, limitando as cargas para as empresas e unha mellor aplicación da lexislación vixente".

 

Fonte: Euractiv

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS