Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A Comisión Europea está a dar os primeiros pasos para a creación dun Sistema de Información Europeo en Saúde e Seguridade no Traballo

28-10-2015 - COMISIÓN EUROPEA

O Diario Oficial da Unión Europea publicou o pasado 4 de setembro a petición de ofertas nº VT/2015/049 cuxo obxectivo é: “Desenvolvemento e deseño dun modelo estrutural para a construción e posta en funcionamento dun sistema de información sobre a saúde e a seguridade no traballo na Unión Europea”.

Segundo o Anuncio de Licitación o propósito do proxecto é proporcionar unha descrición do modelo dos sistemas nacionais de saúde e seguridade no traballo en forma dun conxunto funcional de elementos estruturais interrelacionados e indicadores pertinentes e garantir a aplicación do modelo mediante a recollida, clasificación e inclusión de información pertinente relativa á saúde e a seguridade no traballo nunha plataforma baseada en TIC desenvolvida e xestionada pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).

O modelo deberá concibirse como unha rede para recompilar e clasificar a información procedente de distintas fontes sobre os sistemas de saúde e seguridade no traballo dos Estados membros da Unión Europea, con miras a establecer un perfil exhaustivo da situación en materia de saúde e seguridade no traballo na Unión Europea. Ademais, deberá permitir facer comparacións sobre as prestacións en relación coa saúde e a seguridade no traballo entre os Estados membros, baseándose nun conxunto de indicadores cualitativos e cuantitativos, con vistas a establecer unha ferramenta permanente para facer un seguimento e comparar os logros nacionais no ámbito da saúde e a seguridade no traballo, incluída a posta en funcionamento do actual marco estratéxico da Unión Europea relativo á saúde e a seguridade no traballo entre 2014 e 2020;

A petición de ofertas efectuábase no marco do disposto no punto 4.6 do vixente "Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020" no que en relación coa mellora da recollida de datos estatísticos dicíase: "Para a elaboración de políticas baseadas en feitos é importante recoller datos estatísticos fiables, oportunos e comparables sobre os accidentes e enfermidades relacionados co traballo, a exposición profesional e a mala saúde relacionada co traballo, así como analizar os custos e beneficios no ámbito da saúde e a seguridade no traballo”.

Polo que respecta aos accidentes de traballo, no Regulamento (UE) nº 349/2011 estableceuse unha recollida anual de datos a partir de 2013. Con todo, persisten os problemas no que se refire á exposición profesional e a mala saúde relacionada co traballo. Por tanto, segue sendo difícil comparar os resultados en materia de saúde e seguridade no traballo entre os Estados membros e extraer, desas comparacións, conclusións baseadas en datos. A situación é especialmente complexa polo que respecta ás enfermidades profesionais e as enfermidades relacionadas co traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS