Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

25 iniciativa políticas para abordar os Trastornos Musculoesqueléticos

10-01-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Os TME relacionados co traballo teñen unha elevada prevalencia e son prexudiciais para o benestar dos traballadores/as, a produtividade empresarial e as economías. Estes casos prácticos, breves e ilustrativos, ofrecen información sobre diversos enfoques da prevención; neles destácase a importancia da colaboración, involucrando a todas as partes interesadas.

Os 25 novos casos prácticos examinan diversas iniciativas nacionais no ámbito das políticas encamiñadas á prevención e a xestión dos TME. Describen o que se logrou con cada iniciativa, os factores de éxito e as dificultades, e a capacidade de transferencia a outros sectores ou países.

Ligazón aos casos prácticos de TME.

Ligazón a máis información sobre os TME relacionados co traballo.

Ligazón á publicación: Trastornos  musculoesqueléticos relacionados co traballo: prevalencia, custos e datos demográficos na UE (en inglés)

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS