Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

2015: menos actuacións da Inspección de Traballo e máis accidentes laborais

05-09-2016 - ITSS

Segundo se explica na memoria do ano 2015 do Consello Económico e Social, o número de actuacións realizadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social ata finais de decembro de 2015, foi de 1,2 millóns, inferior nun 2,5 por cento ao ano anterior. Detectáronse 87.068 infraccións (un 11,8 por cento menos que en 2014) e foron 533.373 os traballadores/as afectados polas mesmas, o que representa un 37,6 por cento máis que o ano anterior. Mais da metade das actuacións foron en materia de Seguridade Social, 618.934, un 4,5 por cento menos que o ano anterior. En relación ao importe das sancións, no ano pasado acodouse en 2015 a cifra de 310,3 millóns de euros, o que supón unha cantidade un 6 por cento menor á correspondente en 2014.

Os xulgados e tribunais da orde xurisdicional social tramitaron e resolveron 364.356 asuntos, 7.929 máis que en 2014 (un 2,2 por cento máis).

En relación aos datos provisionais recollidos na Estatística de Accidentes de Traballo, referidos ao ano 2015, estos amosan un incremento dos accidentes laborais en 2015 (3,8 por cento), ano no que se rexistrou unha poboación afiliada que foi en media un 3,2 por cento superior á correspondente a 2014. Así, producíronse 1.233.918 accidentes totais (con e sen baixa) e comunicáronse 19.138 enfermidades profesionais.

O aumento do número total de accidentes debeuse en maior medida ao dos accidentes con baixa, que creceron máis tanto en termos absolutos como porcentuais que os que non deron lugar a baixa do traballador (5,7 fronte a 2,4, respectivamente). Os accidentes con baixa, aumentaron tanto os que tiveron lugar durante a xornada de traballo, un 5,8 por cento máis, como os producidos "in itinere", un 5 por cento máis.
Atendendo ao índice de incidencia dos accidentes de traballo, observouse un aumento en 2015, o terceiro consecutivo, e, do mesmo xeito que sucedeu en 2014, deuse en todos os grandes sectores de produción.



Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS