Financiado por:
/ Medio ambiente

Un consorcio galego desenvolve o primeiro prototipo español para xerar enerxía a partires das correntes mariñas

16-04-2015 - Enerxía

O prototipo é un trimarán de 42 metros de eslora, un peso dunhas 350 toneladas e turbinas sumerxidas con hélices de 19 metros de longo . Está deseñado para xerar 2 megavatios, co que se podería abastecer de enerxía eléctrica a unhas 1.500 vivendas; os custos de instalación e mantemento do trimarán son baixos e o impacto visual dun parque de trimaráns é similar a un parque de bateas.

O prototipo é resultado de máis de 7 anos de traballo e a  participación  de cuarenta investigadores das universidades galegas, centros tecnolóxicos e fimas de enxeñería.  Tras a realización de probas con prototipos máis pequenos tanto na ría de Vigo como no Centro Europeo de Tecnoloxías Mariñas, EMEC, das Illas Orcadas de Escocia, o trimarán está en fase de montaxe e está previsto que realice probas na ría de Vigo a principios do verán e no EMEC a principios do 2016.

A iniciativa está enmarcada dentro do Proxecto Magallanes, conta cunha inversión de máis de 13 millóns de euros dos que se investiron xa 7,72 millóns na fase de investigación e deseño da tecnoloxía; xunto coa inversión privada a iniciativa conta con apoio público a través do CDTI e da Xunta de Galicia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS