Financiado por:
/ Medio ambiente

Semana europea da mobilidade 2012: moverse na dirección correcta

16-09-2012 - MEDIO AMBIENTE

A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña anual que trata a mobilidade urbana sostible, organizada coa axuda financeira e política da Comisión Europea de Medio e Transporte.

O espírito da campaña, que funciona dende o 16 ao 22 de setembro todos os anos, é para animar ás autoridades locais Europeas a introducir e promover medidas de transporte sostible e para invitar aos seus cidadáns a probar outras alternativas ao uso do coche.


Esta semana remata todos os anos co evento "In Town Without My Car" (Na cidade sen o meu coche). Este evento organízase dende o ano 2000, e nel preténdese reservar unha ou varias áreas soamente para os peóns, ciclistas e transporte público para todo o día.


Esta campaña representa unha oportunidade para que as cidades e pobos participantes poidan demostrar a importancia dunha mobilidade urbana sostible e é ademais a única oportunidade para que as autoridades locais poidan probar as súas políticas de transporte e presentárllela aos seus cidadáns. Nos últimos anos, a campaña estendeuse dende Europa a países como Xapón, Taiwán, Brasil, Colombia e Ecuador.


. O lema para o ano 2012: Moverse na Dirección Correcta

 
Cada Semana Europea da Mobilidade enfócase nun lema particular relacionado coa mobilidade sostible. Ás autoridades locais pídeselles que organicen actividades para os seus cidadáns baseados nesa temática. Ademais, anímaselles a lanzar e promover medidas permanentes que dean soporte a ese lema.


Algúns dos temas doutros anos foron: Mobilidade Alternativa (2011), Viaxe máis intelixente, mellor vida (2010), Rúa para as Persoas (2007), Cambio Climático (2006), Accesibilidade (2003), etc.


. Cidades Participantes no ano 2012

 
Ata o momento, hai un total de 1.921 cidades participantes inscritas na iniciativa para este ano 2012, das cales 606 son españolas. España é o primeiro país no referente a cidades inscritas, seguido de Austria e Hungría, que manteñen o segundo e terceiro posto no ranking respectivamente.


. Os premios da Semana Europea da Mobilidade 2012

 
Dende o ano 2003, La Comisión Europea premiou a aquelas cidades que participaron de xeito extraordinario na Semana Europea da Mobilidade.
Os premios da Semana Europea da Mobilidade queren recompensar as actividades das autoridades locais no marco do seu traballo con respecto á Semana Europea da Mobilidade 2012. O premio anima a promover experiencias e éxitos na semana e a realzar a conciencia sobre a necesidade da acción local e individual no campo da mobilidade urbana sostible.



Esta información foi extraida da páxina web da Semana Europea da Mobilidade (www.mobilityweek.eu). Nesta páxina tamén poderedes encontrar o formulario de inscrición, novidades, etc.


Autor: Pedro Leira Jiménez


Fonte: www.mobilityweek.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS