Semana Europea da Prevención de Residuos25-11-2020 - EWWR –European Week for Waste ReductiónA Semana Europea da Redución de Residuos traballa coa xerarquía de residuos. As accións levadas a cabo na EWWR céntranse nas 3 R: a REDUCIÓN do consumo, a REUTILIZACIÓN de produtos e materiais, e a RECICLAXE de residuos. Estas son as principais Rs (aínda que hai moitas outras) a ter en conta á hora de revalorizar os hábitos de consumo. |
|---|
A Semana Europea da Prevención de Residuos é unha das principais campañas internacionais para promover a redución dos residuos mediante accións de sensibilización organizadas durante a penúltima ou última semana de novembro.
O obxectivo destas accións é cambiar o comportamento ao redor dos patróns de consumo e os hábitos de xeración de residuos.
Nesta 12ª edición, o tema elixido é o dos residuos invisibles, é dicir, aqueles que están fóra da vista da maioría de nós porque se xeran durante a fabricación dos produtos. Este tema pon de relevo a necesidade de previr os residuos ao longo do ciclo de vida dun produto, desafiando aos participantes para facer visibles os residuos invisibles e a coñecer o que realmente se levan a casa despois dunha compra.
Ligazón á páxina da EWWR –European Week for Waste Reductión
Fonte: EWWR