Financiado por:
/ Medio ambiente

Semana Europea da Prevención de Residuos

25-11-2020 - EWWR –European Week for Waste Reductión

A Semana Europea da Redución de Residuos traballa coa xerarquía de residuos. As accións levadas a cabo na EWWR céntranse nas 3 R: a REDUCIÓN do consumo, a REUTILIZACIÓN de produtos e materiais, e a RECICLAXE de residuos. Estas son as principais Rs (aínda que hai moitas outras) a ter en conta á hora de revalorizar os hábitos de consumo.

A Semana Europea da Prevención de Residuos é unha das principais campañas internacionais para promover a redución dos residuos mediante accións de sensibilización organizadas durante a penúltima ou última semana de novembro.

O obxectivo destas accións é cambiar o comportamento ao redor dos patróns de consumo e os hábitos de xeración de residuos.

Nesta 12ª edición, o tema elixido é o dos residuos invisibles, é dicir, aqueles que están fóra da vista da maioría de nós porque se xeran durante a fabricación dos produtos. Este tema pon de relevo a necesidade de previr os residuos ao longo do ciclo de vida dun produto, desafiando aos participantes para facer visibles os residuos invisibles e a coñecer o que realmente se levan a casa despois dunha compra.

Cartel da Campaña

Ligazón á páxina da EWWR –European Week for Waste Reductión

 

Fonte: EWWR

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS