Financiado por:
/ Medio ambiente

Segundo os científicos o obxectivo dos 2 ºC non é suficiente para para evitar os perigos asociados ao cambio climático.

11-12-2015 - MEDIO AMBIENTE

Na Conferencia das Partes (COP21), que se celebra estes días en París, espérase chegar a un acordo sobre unha traxectoria de emisións de gases de efecto invernadoiro que limite o aumento da temperatura global a menos de 2 ºC, respecto dos niveis preindustriais. Para os científicos este obxectivo quédase curto apuntando que o límite debería estar en 1,5 ºC.

A evidencia científica suxire que o rápido aumento das emisións globais de dióxido de carbono da industria e da queima de combustibles fósiles dende o ano 2000 decelerou notablemente nos últimos dous anos. Este feito prodúcese a pesar de seguir co mesmo modelo de crecemento económico. Os científicos tamén argumentan que a atención debe dirixirse a mitigar as emisións perigosas en lugar de debater determinados obxectivos de temperatura, e suxiren que este desacoplamiento das emisións do crecemento económico podería deberse a algunhas economías emerxentes e ao establecemento dun movemento de diminuír o uso de carbón en favor de fontes de enerxía renovable.

Con todo, advirten que as incertezas nas emisións nas próximas décadas, en particular en China, fan que sexa difícil determinar se aínda non se chegou á cima das emisións globais anuais.

Para reducir o límite de quecemento global a menos de 2 ºC, outro equipo de investigadores asegura que se podería conseguir cun uso a gran escala de tecnoloxías de emisións negativas.

Para os científicos consultados na COP21, incluír o obxectivo de 1,5 ºC no texto implicaría que para 2050 se poidan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro entre o 70% e o 95%, mentres que con 2 ºC diminuiranse entre 40% e 70% para 2050. As emisións teñen que empezar a baixar rápido se se quere manter o aumento das temperaturas por baixo de 1,5 ºC ou 2 ºC. O ano 2015 xa se anuncia como o máis cálido dos rexistros.

Ademais con esta limitación alcanzaríase antes o obxectivo de cero emisións previsto para 2080-2090 co obxectivo de 2 ºC. Cun límite de 1,5 ºC as cero emisións alcanzaríanse en 2060-2080.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS