Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Regulamento da Lei do solo de Galicia.

10-11-2016 - DOG

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que entrará en vigor no prazo dun mes. Con esta publicación dáse cumprimento á disposición final 5ª do texto lexislativo, que entrou en vigor en marzo e que establecía o prazo dun ano para poñer en marcha este regulamento.

Segundo informou a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, é un regulamento integral, que inclúe a xestión, o planeamento e a disciplina, unificando e substituíndo aos tres regulamentos que existen actualmente: os estatais de planeamento e xestión, vixentes desde 1978; e o autonómico de disciplina, aprobado en 1999.

Ligazón ao Decreto 143/2016

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS