Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Quecemento global en 2100 segundo simulacións climáticas

21-01-2022 - CAMBIO CLIMÁTICO

O planeta podería experimentar un quecemento que os científicos calculan podería roldar entre os 6 e os 7° C para finais de século, se o comparamos con cifras da era preindustrial, escenario que se fai máis máis pesimista, se se calcula segundo o actual contexto socioeconómico e as concentracións de gases de efecto invernadoiro.

Tanto os modelos climáticos como os datos que se empregan para realizar estes estudos son achegados por científicos de todo o mundo. As conclusións son vitais, para coñecer os factores que inflúen no cambio climático actual e como proceder para mitigar as súas consecuencias.

A maioría dos simuladores prevén que, para o ano 2100 o planeta experimentará un quecemento moito maior do que estimaron as versións anteriores. En particular son moito menos optimistas que as do 2012, en canto aos escenarios que dependen das emisións de gases de efecto invernadoiro.

O planeta podería experimentar un quecemento que os científicos calculan podería roldar entre os 6 e os 7° C para finais de século, se os comparamos coas cifras da era preindustrial. Este escenario faise máis máis pesimista, se se calcula segundo o actual contexto socioeconómico e as concentracións de gases de efecto invernadoiro.

Iso débese a que as cifras indican que seguirá habendo un crecemento económico sostido, pero que por moitos anos seguirá dependendo dos combustibles fósiles. Iso deriva nunha predición dun maior quecemento do planeta, que, aínda que é máis precisa que as anteriores, por agora segue incluíndo moitas incertezas, que deben avaliarse tendo en conta un gran número de factores.

A temperatura da Terra a finais deste século dependerá en gran medida, das políticas climáticas que os gobernos do mundo implementen na actualidade e nun futuro moi próximo. Ata o 2040 o aumento das temperaturas será sostido, pero a evolución global do cambio climático pode variar notablemente, segundo as accións políticas que leven a cabo, polo menos un par de decenas de anos antes.

Para alcanzar o obxectivo de quecemento global de 2° C, ao que se comprometeron os asinantes do Acordo de París (e do resto dos Cumes climáticos posteriores) requírese un esforzo de mitigación significativo e global. Segundo os simuladores, o escenario máis optimista predice que, case con seguridade, alcanzarase esta cifra para mediados de século.

Para impedir que se disparen as temperaturas será necesaria unha redución inmediata das emisións de gases e alcanzar a neutralidade de carbono a escala global en 2060 como máximo, así como comprometerse a capturar un mínimo de 12 mil millóns de toneladas de CO2 anuais, comezando canto antes.

O xeo mariño do Ártico está a retroceder rapidamente e os modelos vaticinan que esta tendencia continuará no futuro. Se non se diminúe drasticamente a cantidade de gases que incrementan o cambio climático, o xeo mariño do Ártico probablemente se derretirá por completo ao termo de cada verán e o escenario máis pesimista prevé a súa completa desaparición, para case o final do século.

Veráns como o do 2003, que se caracterizou por ondas de calor de gran magnitude e duración, poderían ser a tónica común a partir da década de 2050. Os modelos simulan ondas de calor cada vez máis intensas e frecuentes en Europa (e o resto do mundo), en liña cos cambios observados nas últimas décadas. sta é unha tendencia que continuará durante os próximos 20 anos, independentemente do escenario considerado, pero que poderían cambiar a partir de mediados de século, dependendo de factores como, os niveis de contaminación e de emisión de gases, os sistemas de consumo e un longo etc.

Fonte: econoticias

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS