Publicado o Programa de Control da Contaminación Atmosférica24-01-2020 - MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICAO fin principal deste Programa é cumprir os compromisos de redución de emisións atmosféricas antropoxénicas, para os períodos comprendidos dende 2020 a 2029, e a partir de 2030, para o cal, establécense medidas de redución dos contaminantes nos sectores máis relevantes como a industria, o transporte, a agricultura, entre outros, para conseguir alcanzar os obxectivos europeos establecidos. |
|---|
O Programa de Control da Contaminación Atmosférica (PNCCA), resulta da obrigación establecida na Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de decembro de 2016, relativa á redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos, e incorporada ao ordenamento xurídico español no Real Decreto 818/2018, do 6 de xullo, sobre medidas para a redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos. En ambas as normas, entre outros requisitos, establécense teitos de emisión para o dióxido de xofre (SO2), os óxidos de nitróxeno ( NOX), os compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM), o amoníaco (NH3), e partículas en suspensión finas (PM2,5).
A elaboración do PNCCA, levouse a cabo de acordo co establecido no artigo 6 do Real Decreto 818/2018, do 6 de xullo. O fin principal deste Programa é cumprir os compromisos de redución de emisións atmosféricas antropoxénicas, para os períodos comprendidos dende 2020 a 2029, e a partir de 2030. Por tanto, no Programa, establécense medidas de redución dos contaminantes mencionados nos sectores máis relevantes como a industria, o transporte, a agricultura, entre outros, para conseguir alcanzar os obxectivos europeos establecidos.
O Programa foi aprobado polo Consello de Ministros o 27 de setembro de 2019, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica. E, en cumprimento do disposto no artigo 6.3 do mencionado Real Decreto, publícase no «Boletín Oficial do Estado» e na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Ligazón á Resolución do 10 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental, pola que se publica o Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica (BOE).
Ligazón ao Programa de Control de Contaminación Atmosférica na páxina do Ministerio Para a Transición Ecolóxica.