Financiado por:
/ Medio ambiente

Publicado o Programa de Control da Contaminación Atmosférica

24-01-2020 - MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA

O fin principal deste Programa é cumprir os compromisos de redución de emisións atmosféricas antropoxénicas, para os períodos comprendidos dende 2020 a 2029, e a partir de 2030, para o cal, establécense medidas de redución dos contaminantes nos sectores máis relevantes como a industria, o transporte, a agricultura, entre outros, para conseguir alcanzar os obxectivos europeos establecidos.

O Programa de Control da Contaminación Atmosférica (PNCCA), resulta da obrigación establecida na Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de decembro de 2016, relativa á redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos, e incorporada ao ordenamento xurídico español no Real Decreto 818/2018, do 6 de xullo, sobre medidas para a redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos. En ambas as normas, entre outros requisitos, establécense teitos de emisión para o dióxido de xofre (SO2), os óxidos de nitróxeno ( NOX), os compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM), o amoníaco (NH3), e partículas en suspensión finas (PM2,5).

A elaboración do  PNCCA, levouse a cabo de acordo co establecido no artigo 6 do Real Decreto 818/2018, do 6 de xullo. O fin principal deste Programa é cumprir os compromisos de redución de emisións atmosféricas  antropoxénicas, para os períodos comprendidos dende 2020 a 2029, e a partir de 2030. Por tanto, no Programa, establécense medidas de redución dos contaminantes mencionados nos sectores máis relevantes como a industria, o transporte, a agricultura, entre outros, para conseguir alcanzar os obxectivos europeos establecidos.

O Programa foi aprobado polo Consello de Ministros o 27 de setembro de 2019, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica. E, en cumprimento do disposto no artigo 6.3 do mencionado Real Decreto, publícase no «Boletín Oficial do Estado» e na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Ligazón á Resolución do 10 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental, pola que se publica o Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica (BOE).

Ligazón ao Programa de Control de Contaminación Atmosférica na páxina do Ministerio Para a Transición Ecolóxica.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS