Financiado por:
/ Medio ambiente

Publicada a Lei de Avaliación Ambiental

12-12-2013 - MEDIO AMBIENTE

O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe a Lei de Avaliación Ambiental, unha norma que garante a máxima protección do medio, simplifica e axiliza trámites e establece unha lexislación homoxénea en todo o territorio nacional.

Coa nova Lei, que é coherente coas tendencias regulatorias da Unión Europea e que contou coa participación de todos os axentes sociais e as organizacións ecoloxistas, unifícase nun só corpo legal as leis de avaliación ambiental estratéxica e de avaliación de impacto ambiental ao empregar un esquema similar para ambos os dous e homoxeneizar a súa terminoloxía.

Ademais, concéntranse os esforzos nos proxectos nos que se prevexan impactos ambientais máis significativos, ao tempo que se configura unha avaliación máis áxil e menos custosa no caso dos proxectos de menor incidencia ambiental.

Un exemplo diso é que destaca como novidade nesta norma a obriga de someter en todo caso a avaliación ambiental os proxectos que requiran a utilización de técnicas de fracturación hidráulica ou "fracking", o que leva consigo un maior control ambiental deste tipo de proxectos.

A Lei incorpora, por outra parte, o acordo impulsado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio entre as 5 comunidades autónomas das concas do Texo, do Segura e do Xúquer que permitirá culminar a planificación hidrolóxica co máximo consenso nestes tres grandes ríos, así como estabilizar o transvasamento Texo-Segura.

O acordo, entre outros aspectos, establece unha reserva de 400 hectómetros cúbicos nos encoros de cabeceira, por debaixo da cal non se autorizan transvasamentos. Estes 400 hectómetros cúbicos alcanzaranse nos próximos anos, a razón de 32 hectómetros cúbicos por ano dende a situación actual (240 Hm3).

Outra das novidades que introduce a Lei de Avaliación Ambiental,que entrará mañá en vigor, é o establecemento dunha serie de modificacións no réxime sancionador regulado pola Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade para garantir que as actividades que xeran riscos para o medio nos espazos protexidos e nos espazos da Rede Natura 2000 se poidan sancionar.

Así, tipifícanse expresamente infraccións como o "bunkering" mediante o fondeo permanente de buques-tanque (as chamadas gasolineiras flotantes que fondean permanentemente) ou as verteduras de materiais para recheos non permitidos.

Por primeira vez, ademais, a norma de avaliación ambiental introduce a obriga de ter en consideración o cambio climático na avaliación ambiental para o que deberán utilizarse as informacións e as técnicas que estean dispoñibles en cada momento.

Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

 

Ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS