Proxecto pioneiro para utilizar restos de podas como fonte de enerxía.21-05-2013 - ENERXÍAO Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) coordinará o proxecto Europruning, que demostrará a viabilidade da cadea loxística para utilizar os restos de podas agrícolas como fonte de biomasa con fins enerxéticos. | ![]() |
|---|
Trátase dun proxecto europeo no que participan un total de 17 socios procedentes de Alemaña, Bélxica, España, Francia, Italia, Polonia e Suecia. Conta cun presuposto total de 4,6 millóns de euros, dos que 3,4 millóns están financiados pola Comisión Europea a través do 7º Programa Marco.
O proxecto, pioneiro a nivel mundial, pretende crear unha cadea loxística que contemple as fases de poda, transporte, almacenamento e xeración, a partir dos restos de froiteiros, viñedos e oliveiras. Esta cadea, practicamente inexistente na actualidade para este tipo de residuos agrícolas, permitirá xerar electricidade e calor a partir dun elemento que, na actualidade, apenas conta con uso ou mesmo é queimado libremente.
Outros dos obxectivos principais de Europruning serán o desenvolvemento de nova maquinaria agrícola para facilitar o proceso de poda, e unha ferramenta intelixente de optimización e monitorización loxística. Esta ferramenta axudará aos usuarios finais a elixir o produto máis óptimo, de acordo varios condicionantes como a situación, a cantidade e a calidade da biomasa almacenada.
Tras demostrar a súa viabilidade e rendibilidade económica, o modelo de negocio xerado poderá ser exportado a outros países xunto coas novas tecnoloxías e metodoloxías desenvolvidas. Ademais os resultados derivados do proxecto achegarán beneficios económicos e sociais ao medio rural, involucrando a agricultores, transportistas, plantas de xeración etc., e contribuíndo así á xeración de postos de traballo, á estabilización da poboación rural e á diversificación da súa economía.
Ademais de estar á fronte da devandita tarefa, CIRCE participará, entre outros, no deseño das especificacións da cadea loxística, a metodoloxía e maquinaria de poda, e as instalacións de almacenamento, e supervisará e coordinará a operación dos demostradores piloto.
E é que para validar esta cadea loxística, se realizarán tres instalacións piloto a escala real, unha delas situada en Zaragoza, e as outras dúas en Potsdam (Alemaña) e Burdeos (Francia). Estas localizacións foron seleccionadas polo seu gran potencial de recurso de biomasa e por representar diferentes zonas climáticas, co fin de aumentar a reproducibilidade dos resultados do proxecto.
Fonte: ambientum.com