Financiado por:
/ Medio ambiente

Proxecto de recollida a domicilio dos residuos e compostaxe doméstico

11-12-2014 - Residuos

O concello de San Sadurniño vén de poñer en marcha esta semana un proxecto piloto en Galicia para a recollida selectiva de lixo na porta da casa de medio cento de vivendas de tres parroquias. Ten un triplo obxectivo: aforrar cartos, coidar do medio natural e asomar os veciños como recuperar a compostaxe dos restos orgánicos con novos usos nas leiras e no gando.

A recollida selectiva en San Sadurniño é o primeiro paso para desterrar un “modelo caduco de incineración como o de Sogama na busca doutro máis barato e sustentable desde o punto de vista ambiental”, explica o rexedor deste Concello. Estiman que o custe de enviar os residuos a planta suponlle, de media as arcas locais, uns 80 euros por cada tonelada. Os ambientalistas fixeron números con Goberno local e están seguros de que con este sistema coidan o medio e aforrarán cartos. Estiman que poderán recortar gastos o reducir a metade o volumen de tonelaxe que derivan a Sogama, reaproveitando moitos deses restos orgánicos como biomasa caseira. “É una fórmula distinta para xestionar os residuos en orixe para aforrar en custes económicos e ambientais”, resumen.

Por cada unha das casa que se adheriron o proxecto piloto do lixo, explican na corporación municipal, hai un colector amarelo para os residuos inorgánicos (latas, conservas, plásticos..). No outro, os restos orgánicos (mondas e desperdicios de alimentos fundamentalmente). Os dous operarios municipais que fixeron o primeiro día de ruta nun pequeno furgón polas casas tardaron dúas horas en completar o recorrido que repetirán todas as semanas, unha hora menos da que se demoraba o camión compactador “un importante aforro en tempo e combustible”, segundo as concelleiras de Obras e Medio Ambiente, que agardan os primeiros resultados en cifras antes de estender o modelo o resto das parroquias.

A maiores dos composteiros para o lixo orgánico, o concello situou outros colectores en puntos concretos: verde (vidro), amarelo (plásticos), azul (papel e cartón) e un cuarto, de cor gris, para desfacerse, por exemplo, de zapatos vellos e outras cousas que non encaixan en ningún dos outros.

Fonte: gciencia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS