Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galiza 2030

03-09-2024 - RESIDUOS

O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Municipais de Galiza presenta as liñas estratéxicas a implementar, as cales estarán baseadas tanto na prevención de xeración de residuos, como nas políticas comunitarias fundamentadas na economía circular e no desenvolvemento sostible da Axenda 2030, ao tempo que avanza na loita contra a emerxencia climática e perda de biodiversidade.

O Plan velará porque se acaden, entre outros,  os seguintes obxectivos:

Apoiar ás Administracións Locais no desenvolvemento das súas necesidades e obrigas, como primeiros prestadores de servizos básicos.

Fomentar a aplicación de criterios de eficiencia na planificación e xestión, tratando de acadar resultados positivos en  termos de custes económicos, administrativos e sociais.

Fomentar un modelo de consumo baseado na economía circular para reducir a xeración de residuos.

Fomentar a preparación para a reutilización e a reparación a través da implementación de centros e espazos habilitados para elo.

Previr o abandono e calquera eliminación incontrolada de residuos.

Reducir o depósito de residuos en vertedoiro mediante o fomento da máxima valorización material, e, secundariamente, a súa valorización enerxética.

Promover a educación e sensibilización, a innovación e a transferencia tecnolóxica, difundido o coñecemento sobre o uso eficiente dos recursos e a xestión sostible dos residuos.

Promover a dixitalización en toda a cadea de xestión, desde a produción e recollida dos residuos municipais, ata o seu tratamento final.

Despregar a recollida selectiva en todo o territorio, especialmente para biorresiduos, téxtiles, aceites vexetais, perigosos do fogar e voluminosos.

Para a consecución destes obxectivos estabelécense as seguintes directrices estratéxicas:

Previr calquera tipo de risco para a auga, o aire, a flora, a fauna e as persoas que se deriven dos residuos xerados polos produtos que se poñan no mercado ou pola súa xestión.

Promover modelos de produción e consumo sustentables e responsables.

Particularizar a situación sociodemográfica de determinados territorios, identificando necesidades para ofrecer solucións adaptadas e sustentables.

Fomentar a investigación e innovación, posibilitando a dixitalización do sector.

Promover modelos de produción e consumo sustentable e responsable .

Ligazón ao Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS