Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Plan sectorial de xestión de residuos industriais de Galiza 2023-2030

19-12-2024 - XUNTA DE GALICIA

O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) fomentará a prevención na xeración de residuos e impulsará un correcto tratamento destes, conforme á xerarquía de xestión de residuos, sendo coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.

O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2023-2030 está destinado a reforzar a aplicación dos principios de xerarquía, proximidade e autosuficiencia en Galiza. O PRIGA, que abrangue todo o ámbito territorial da Galiza, está encamiñado a ser o principal instrumento de planificación en materia de xestión de residuos industriais. O Plan ofrece ao sector industrial a oportunidade de avanzar cara a un sistema produtivo baixo en carbono e sostible no uso de recursos e, por tanto, resiliente e con capacidade de adaptación ao cambio climático.

Este Plan é necesario para acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre prevención na xeración de residuos industriais, promoción da reutilización, reciclado e redución do vertido e ser así coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050. 

Entre os obxectivos do novo Plan está o de adaptar as iniciativas políticas desenvolvidas pola UE á nosa singularidade e peculiaridades económicas, sociais, naturais, produtivas e enerxéticas e ademais mellorar a eficiencia global das empresas galegas, brindar oportunidades de crecemento económico a través de novos modelos de negocio, así como fomentar a xeración de emprego verde e desenvolvemento tecnolóxico especialmente no sector dos residuos.

Entre as liñas estratéxicas que se establecen podemos destacar aquelas a partir das cales derivan as medidas de prevención e xestión contempladas no presente Plan:

Data de aprobación do plan:20/05/2024

Ligazón ao Plan sectorial de xestión de residuos industriais de Galiza 2023-2030

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS