Plan forestal de Galiza 2021-2040. Cara á neutralidade carbónica25-10-2021 - Medio AmbienteA primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» ideouse como o instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega: trátase dun plan director que establece os obxectivos, modelos, directrices, estratexias, plans ou programas, medidas e accións configurados conforme os eixes de intervención, instrumentos de execución e programas de actuación que se consideran necesarios para o seu desenvolvemento e aplicación en cumprimento dos seus fins. |
|---|
O Plan forestal de Galiza do ano 1992 foi o segundo plan aprobado no Estado español. Este documento básico estableceu un modelo forestal a longo prazo co fin de manter una coherencia nas intervencións no monte e nos sectores derivados. En especial, o Plan sinalaba as liñas de acción da política forestal galega e as de participación dos axentes sociais involucrados. Moitos dos obxectivos que establecía aquel plan aínda se presentan hoxe en día como necesarios: conseguir unha cultura forestal na sociedade galega, fomentar unha silvicultura profesionalizada ou promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte e compitan nos mercados internacionais e acheguen o maior valor engadido aos nosos recursos, poderían ser exemplos salientables.
a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, afondou nunha necesaria regulación establecendo os fundamentos e procedementos de revisión a que se debe someter este documento estratéxico de política forestal.
A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» ideouse como o instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega: trátase dun plan director que establece os obxectivos, modelos, directrices, estratexias, plans ou programas, medidas e accións configurados conforme os eixes de intervención, instrumentos de execución e programas de actuación que se consideran necesarios para o seu desenvolvemento e aplicación en cumprimento dos seus fins.
Obxectivos estratéxicos:
1. Mellorar a contribución do monte galego á conservación da natureza, á biodiversidade e ao patrimonio natural galego dos recursos xenéticos forestais, así como a prestación doutros servizos ecosistémicos relacionados co cambio climático, enerxías renovables e proceso de descarbonización, incrementando a capacidade dos montes galegos para absorber gases de efecto invernadoiro.
2. Procurar a adecuada saúde, vitalidade, protección da auga e do solo, seguridade e defensa do monte ante riscos naturais e ambientais que os ameazan, provocados por procesos erosivos e hidrolóxicos, incendios, vendavais, enfermidades e pragas forestais.
3. Favorecer a xestión activa do monte, a loita contra o abandono e o desenvolvemento socioeconómico sustentable do monte e da propiedade forestal galega beneficiando figuras de xestión conxunta dos recursos e servizos forestais, e asentando unha xestión baseada na boa gobernanza para comunidades de montes veciñais en man común e comunidades de socios dos montes de varas.
4. Proxectar un modelo de monte que garanta a súa sustentabilidade e potencie o desenvolvemento da cadea de valor dos produtos e servizos do monte, incrementando a súa cantidade e calidade e asegurando o abastecemento da industria forestal de Galicia.
5. Promover o adecuado desenvolvemento e mellora do coñecemento e da cultura forestal galega, favorecendo o acceso público á información forestal, a divulgación e comunicación da cultura forestal, a educación, formación e capacitación forestal, así como a investigación, innovación, desenvolvemento tecnolóxico e emprendemento forestal, nun contexto global de dixitalización.
6. Deseñar un modelo de gobernanza do monte galego que dispoña os instrumentos necesarios para garantir o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable, dispoñendo o adecuado marco normativo e administrativo e a necesaria colaboración institucional e sectorial continuada cos grupos de diálogo civil (GDC).
Ligazón ao DECRETO 140/2021, do 30 de setembro, polo que se aproba a primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica.
Ligazón á RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá cumprimento dos requisitos de publicidade establecidos no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, en relación coa aprobación da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica.