Perfil Ambiental do Estado 201921-12-2020 - MEDIO AMBIENTEO informe "Perfil Ambiental de España 2019" é un informe elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Esta serie anual, iniciada co Perfil Ambiental 2004, presenta como obxectivo, achegar a situación ambiental de Estado ao maior público posible, con información desagregada por comunidades autónomas e referencias á Unión Europea. |
|---|
Componse dun primeiro apartado que inclúe a análise temática específica sobre a relación do medioambiente e a saúde.
Un segundo apartado organizado ao redor de catro áreas de coñecemento nas que se agrupan os temas ambientais e sectoriais nos que se estrutura a información ambiental, cun total de 71 indicadores presentados de forma sintética a través dunha ficha descritiva.
Un terceiro apartado dedicado ás comunidades autónomas que inclúe vínculos web nos que atopar a información ambiental de referencia de cada unha delas.
A última parte inclúe tres apéndices que complementan o contido e a utilización da publicación.
Ligazón ao informe “Perfil Ambiental do Estado 2019”