Financiado por:
/ Medio ambiente

Peche do Observatorio da Sostibilidade en España (OSE)

03-06-2013 - MEDIO AMBIENTE

As cinco grandes ONG ecoloxistas, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF, lamentan que deixe de funcionar o Observatorio da Sostibilidade en España (OSE). É un organismo independente que, con obxectividade e rigor, analizou o estado do medio ambiente en España nos últimos oito anos.

O OSE convertérase ao longo da súa traxectoria, ao igual que os seus homólogos en moitos países, nun referente de obxectividade á hora de avaliar os avances ambientais de España.

Constituído en 2005 a través dun convenio de colaboración entre o entón Ministerio de Medio Ambiente, a Fundación Biodiversidade e a Fundación Xeral da Universidade de Alcalá. Ante a non renovación do convenio pola Administración Pública, o OSE anunciou que deixa de funcionar a partir do día 31 de maio de 2013. O estado español queda así sen o inspector independente que valoraba a evolución do país en parámetros fundamentais para o benestar dos ciudanos.

O OSE empregaba unha metodoloxía contrastada e baseada en indicadores obxectivos e homoxéneos. Isto permitía avaliar os avances en sostibilidade de España en todas as súas dimensións: ambiental, económica, social, territorial, institucional, global e cultural. Por iso, as ONG ecoloxistas lamentan que peche unha institución como o OSE, que era unha ferramenta básica para converter España nunha sociedade máis informada e avanzada en materia de medio ambiente.

O peche do OSE é un símbolo da erosión das políticas ambientais no estado español. Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF consideran que o medio ambiente é o grande activo e a principal riqueza do estado. A escusa da crise non debe servir para desatender o coidado do ámbito. Pola contra, habería que apostar por el para asegurarse un futuro de benestar e desenvolvemento para todos. As ONG ecoloxistas pretendemos avanzar cara a unha sociedade máis sostible, máis aberta e participativa e con máis calidade democrática, pero o peche do OSE é indicador exactamente pola contra.

 

Fote: efe

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS