Financiado por:
/ Medio ambiente

Paralizada a mina de Corcoesto

18-03-2014 - Medio ambiente

Unha resolución da Dirección Xeral de Industria con data 11 de marzo denega o proxecto de explotación de Edwater para a mina de Corcoesto. Isto, sosteñen desde colectivos veciñais ou ambientalistas como Adega “supón unha vitoria histórica da cidadanía galega na defensa dos seus dereiros ambientais e sociais”.

O polémico proxecto promovido pola mineira canadense Edgewater non cumpría cos requisitos técnicos, económicos e ambientais exixidos pola normativa española e europea, a pesar de ter obtido unha declaración de impacto ambiental (DIA) favorable por parte do Goberno galego. Ademais, a Eurocámara amosou en diversas ocasións as súas dúbidas sobre unha mina con elevados riscos contaminantes.

A propia multinacional recoñecera daquela que o argumento para vetala era a insolvencia técnica pero, sobre todo, a insuficiencia financeira. Edgewater non logrou reunir o 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto, uns 27 millóns de euros, e que foi a cantidade exixida o pasado mes de xullo pola Administración, cando paralizou temporalmente o plan mineiro. Non obstante,non foron os enormes riscos ecolóxicos e de valor económico para a comarca os que fixeron desistir ao Executivo, que xa outorgara o visto e prace ambiental á compañía a través da devandita Declaración de Impacto Ambiental (DIA), que agora queda sen efecto, senón a  presión social e cidadá contra o proxecto o que levou a que fose paralizado por parte da Xunta, que sempre mantivo que as intencións de Edgwater cumprían cos requisitos medioambientais e non supoñían risco para a comarca

O proxecto de Edgwater contemplaba unha mina a ceo aberto de 95 metros de profundidade sobre o nivel do mar e ata 300 sobre o terreo para extraer uns 1,6 gramos de ouro por tonelada de rochas. Consumiría 128 quilogramos de cianuro e xeraría 4.000 toneladas de residuos que destaparían 250 quilos de arsénico por cada quilo deste material precioso. Un proxecto que ocuparía 800 hectáreas, pero que podería estenderse a case 90 quilómetros cadrados á vista dos permisos solicitados por Edgewater á Xunta.

Fonte: praza.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS