Financiado por:
/ Medio ambiente

Outra mina, de ouro, prata e chumbo, ameaza agora dúas reservas da biosfera

02-05-2013 - MEDIO AMBIENTE

O Diario Oficial de Galiza publicou xa a licenza de investigación outorgada pola Consellería de Industria a unha empresa de capital canadense. Afectaría aos concellos de A Fonsagrada, Baralla, Baleira e Becerreá

A Xunta de Galiza outorgou xa licenza de investigación a outra mineira de capital canadense, Goldquest, para un proxecto que procura arrincar metais preciosos nun territorio que forma parte de dúas reservas da biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) e que está repartido entre os concellos de A Fonsagrada, Baralla, Baleira e Becerreá. En concreto, a empresa busca ouro, prata, chumbo, cobre e cinc.

Da información deu conta a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), tras ver publicada no Diario oficial de Galiza (DOG) a resolución da licenza, malia que a empresa sostén que aínda non fixeron investigacións e que o proxecto se atopa aínda en fase de exposición pública.

No anuncio que aparece no boletín da Xunta faise referencia a 68 cuadrículas mineiras, afectando xa ás dúas reservas da biosfera antes nomeadas e un lugar de interese comunicario (LIC) na Serra de Foncuberta. Porén, fontes veciñais apuntan a que serán por volta de 400 as cuadrículas mineiras afectadas.

Perante o panorama, a SGHN solicitou xa ao Comité español das reservas da biosfera "unha avaliación científica urxente e obxectiva sobre o impacto deste permiso de investigación e a posible explotación mineira futura" e que os informes elaborados sexan remitidos á Unesco.

 

Fonte: sermosgaliza.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS