Financiado por:
/ Medio ambiente

Os volumes de gases de efecto invernadoiro alcanzan un novo récord en 2012, segundo a OMM

13-11-2013 - CONTAMINACIÓN

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) fixo público este martes o seu boletín anual de gas de efecto invernadoiro no que destaca que os volumes de gases de efecto invernadoiro alcanzaron un novo máximo en 2012. Segundo determinaron os expertos, trátase do nivel máis alto nos últimos tres millóns de anos.

A organización meteorolóxica sinalou que a velocidade á que a humanidade non deixou de emitir estes gases aumentou co tempo. Así, a taxa de crecemento de 2011 a 2012 nas concentracións atmosféricas superou a media dos últimos dez anos. Neste período, a cantidade de dióxido de carbono na atmosfera incrementouse en 2,2 partes por millón (ppm). Trátase dunha tendencia acelerada xa que, durante a década anterior, o crecemento de cada ano se situaba nunha media de 2,02 ppm.

Concretamente, no documento apúntase que o volume de dióxido de carbono, o principal gas de efecto invernadoiro emitido pola actividade humana chegou a 390,9 ppm, un 40% por enriba do nivel pre-industrial.

En canto aos combustibles fósiles, a OMM apunta que son a principal fonte de preto de 375 millóns de toneladas métricas (413,37 mil millóns de toneladas) de carbono que foi liberado na atmosfera dende a era industrial (dende 1750).

A cantidade de CO2 na atmosfera é agora 141% do que era na época preindustrial, aínda que isto só representa arredor da metade do CO2 emitido polos humanos. A outra metade foi absorbido pola biosfera e os océanos, que se acidifican en resposta, causando danos aos animais mariños, como mariscos.

Así o advertiu o secretario xeral da OMM, Michel Jarraud, que apuntou que os miles de millóns de toneladas de dióxido de carbono extra permanecerán na atmosfera durante séculos, facendo que o planeta aínda máis quente. "Xa vimos que os océanos se volven máis ácidos, como resultado da absorción de dióxido de carbono, con repercusións potenciais para a cadea alimentaria baixo a auga e os arrecifes de coral", sinalou.

Pero non só aumentaron os niveis de dióxido de carbono. O metano, outro gas de efecto invernadoiro de longa vida, subiu de xeito constante durante os últimos tres anos despois de estabilizarse durante sete anos. Neste sentido, a OMM non ten claras as causas deste aumento.

Ademais, mostrou a súa preocupación polo crecemento en volumes dun terceiro gas, o óxido nitroso, que, segundo determina o informe, se acelerou en 2011. O óxido nitroso ten un impacto no clima a longo prazo e pode chegar a ser máis perigoso que o dióxido de carbono, segundo apuntaron os expertos.

Agora, os niveis de metano son dun 260% e do óxido nitroso dun 120% máis do que eran antes de que os humanos comezasen a queimar combustibles fósiles.

Aumento do quentamento un 30% dende 1990

A OMM sinalou que os tres gases, que están estreitamente vinculados ás actividades humanas, como o uso de combustibles fósiles, a deforestación e a agricultura intensiva, aumentaron o efecto de quentamento sobre o clima nun 30% entre 1990 e 2011.

A prevalencia gases de efecto invernadoiro menos abundantes tamén estaba crecendo rapidamente, denuncia o traballo. Entre eles, o hexafluoruro de xofre, que se utiliza como illante eléctrico en equipos de distribución de enerxía, duplicou en volume dende mediados dos anos 90, ao igual que teñen aumentado os hidroclorofluorocarbonos (HCFC) e os hidrofluorocarbonos (HFC), indicou a OMM.

As cifras positivas póñenas os clorofluorocarbonos (CFC) e os halóns, que están a diminuír, conclúe o informe.

 

Fonte: Ambientum

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS