Os puntos negros ambientais de Galiza segundo Greenpeace04-06-2015 - Medio ambienteA asociación ecoloxista Greenpeace ven de publicar o informe Radiografía social do medio ambiente en España, onde se analizan os exemplos negativos así como as iniciativas a seguir a nivel medioambiental no Estado español. Segundo este traballo, Galiza ocupa o sexto lugar entre as comunidades autónomas en índice de calidade medioambiental, nunha situación de saúde media, detectandose 27 puntos negros e dez iniciativas e políticas verdes exemplares. | ![]() |
|---|
Entre os puntos negros que se inclúen no estudo están a contaminación nas rías, que afecta á pesca e ao marisqueo, a presenza das centrais térmicas de carbón altamente contaminantes (As Pontes e Meirama), as de ciclo combinado (As Pontes e Sabón), os verquidos da refinería de Repsol en A Coruña, a regasificadora en Mugardos, Ence en Pontevedra, a pesca destrutiva (arrastre en profundidade ou as granxas de salmón na ría de Muros e Noia), a queima de residuos da cementeira en Ourol, o elevado nivel de incineración da planta de basuras de Sogama, o vertedoiro de medicamentos en Cerceda, no que hai “milleiros de toneladas depositadas”, o alto nivel de incendios forestais ( no 2014 o 44% dos incendios forestais do Estado español tivo lugar en Galiza) ou os casos de especulación urbanística (cita como exemplos Sanxenxo e Moaña)
Como elementos positivos, destaca a elevada produción de enerxías renovables, que Galiza é un territorio libre de fracking, a movilización da cidadanía contra proxectos como a mina de ouro en Corcoesto ou que é un dos territorios con maior número de embarcacións de pesca artesanal.
Ligazón ao informe Radiografía social do medio ambiente en España