Financiado por:
/ Medio ambiente

Os incendios como causa da desertificación

06-07-2016 - Medio ambiente

Estímase que máis do 80% dos incendios forestais son atribuíbeis a actividades do ser humano, tendo máis da metade dos mesmos a consideración de intencionados; en torno ao 30% son debidos a descoidos ou neglixencias, como unha queima de restrollos, un cigarro mal apagado, fogueiras acesas por excursionistas, traballos no monte, etc. Tan só o 4% poden ter orixe en causas naturais, como a caída dun raio. O resto corresponden a incendios cuias causas non puideron determinarse.

Estos datos corresponden ás 116.000 hectáreas queimadas anualmente entre 2000 e 2015, a maioría delas, no verán.

A perda de cuberta forestal debida aos incendios é unha das sete causas da desertificación no Estado español, estando o 37% do chan en risco de desertificación, sufrindo risco alto ou moi alto un 13% do territorio (segundo datos do Plan de Acción contra a Desertificación realizado no ano 2008). Este risco concéntrase especialmente na metade sur, en Canarias e na zona mediterránea, onde se aprecia vulnerabilidade debida ao incremento da poboación e da actividade económica, que aumentaron a ocupación e a transformación do territorio así como as demandas de auga. Este última é o territorio máis afectado, xunto ao noroeste peninsular, polos incendios e onde estes poden acentuar máis a desertificación a medio e longo prazo.


Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS