Financiado por:
/ Medio ambiente

Os ecoloxistas esixen que se free o proxecto de gas en Doñana

13-02-2013 - MEDIO AMBIENTE

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF mostran o seu rexeitamento e preocupación ante a decisión do ministerio que dirixe Arias Cañete, que dá vía libre á construción dun gasoduto en Doñana.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente deu o visto e prace á ampliación da explotación de gas na área natural, marxinando unha vez máis os intereses ambientais.

As ONG asinantes critican duramente a decisión do Ministerio, que ameaza a un dos espazos máis emblemáticos do patrimonio ambiental europeo.

As organizacións ecoloxistas consideran o proxecto inaceptable e incompatible coa conservación de Doñana. Sinalan que se sumaría a outros graves impactos xa existentes, poñendo en perigo a natureza deste espazo e en risco a credibilidade internacional do goberno central e autonómico.

Se non se frea de inmediato o desenvolvemento deste novo proxecto industrial, a Declaración de Impacto Ambiental positiva por parte do Ministerio tería como resultado a construción dun gasoduto de máis de 18 km e estruturas de almacenaxe ao longo e ancho de Doñana.

Afectaría directamente á Zona de Especial Protección (ZEPA) de Doñana e ao Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) de Doñana Norte e Oeste. Lamentablemente este tipo de proxecto non é unha novidade para Doñana que, aínda gozando do seu título como espazo protexido, acumula dende hai anos diversos puntos de extracción de gas.

A filial de Gas Natural Fenosa, Petroleum Oil & Gas España, podería explotar o terreo con total impunidade, cun alto risco de contaminación do subsolo, acuíferos, perda de biodiversidade, en moitos casos de especies ameazadas, así como múltiples impactos imposibles de cuantificar, se a Xunta de Andalucía non toma cartas no asunto e antepón o ben común aos intereses da compañía Gas Natural-Fenosa.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS