Financiado por:
/ Medio ambiente

Os contaminantes orgánicos danan os ecosistemas de agua doce en toda Europa

16-06-2014 - Medio ambiente

Un estudo europeo liderado polo Centro Helmholtz para a Investigación Ambiental de Leipzig (Alemaña) alerta do risco que representan as pesticidas e outros químicos industriais para os ecosistemas de auga doce a escala continental. Os resultados desta investigación advirten da necesidade de establecer medidas de protección que mitiguen os efectos da devandita contaminación.

Os químicos orgánicos artificiais, como os pesticidas ou algúns produtos aplicados en procesos industriais, contribúen á perda local da biodiversidade de auga doce, segundo un estudo europeo liderado polo Centro Helmholtz para a Investigación Ambiental.

As ameazas que supoñen estes produtos para os organismos de auga doce xa foran estudadas, pero unicamente a pequena escala. En cambio, os efectos producidos a niveis espaciais maiores eran descoñecidos até o momento.

Unha investigación, publicada no último número da revista PNAS, representa a primeira avaliación dos riscos que estes produtos químicos orgánicos provocan a escala continental.

Para realizar o estudo os científicos examinaron datos sobre calidade da auga de máis de 4.000 puntos de monitorización dos 28 estados da UE e cuantificaron o risco que supoñen para os peixes, os invertebrados e as algas en cada unha das zonas.

"Empregáronse estas especies xa que se consideran representativas dos principais grupos de organismos nos ecosistemas de auga doce", explica Egina Malaj, investigadora principal do proxecto. "A deterioración de cada lugar calculouse comparando as concentracións do produto químico monitorizado nos limiares de risco que se estableceron".

Os resultados desvelan que os produtos químicos orgánicos exercen efectos letais para os organismos nun 14% das zonas analizadas e efectos crónicos no 42% das localizacións.

Os autores tamén atoparon que as pesticidas, os hidrocarburos aromáticos policíclicos, os retardantes de chama bromados e os ingredientes de pinturas antiincrustantes representan os químicos con maiores riscos dos 223 produtos controlados nos puntos de estudo. A presenza destes químicos está relacionada coa actividade das áreas agrícolas e urbanas situadas río arriba.

"Os principais contribuíntes ao risco químico son as pesticidas e isto é sorprendente cando se consideran os extensos marcos normativos existentes que tratan de protexer o medioambiente desta contaminación", puntualiza Malaj.

Riscos subestimados

Os científicos observaron  que o risco de efectos letais, agudos e crónicos a longo prazo aumenta co número de produtos químicos ecotoxicolóxicos "con efectos nos seres vivos" analizados en cada sitio. Advirten de que o seu estudo só inclúe un subconjunto destes produtos químicos, polo que esta avaliación probablemente minimiza o risco real.

"A subestimación principal relaciónase cos compostos de importancia ecotoxicolóxicos.A maioría dos programas de vixilancia non inclúen estes químicos, polo que o risco real destes produtos no medio ambiente podería ser maior. Estes compostos deben ser incluídos nos programas de monitoreo. Por outra banda, os programas de vixilancia en Europa deberían identificar e incluír na súa avaliación outros compostos problemáticos tales como produtos farmacéuticos ou produtos de coidado persoal, que até agora foron ignorados", comenta a investigadora.

Os expertos apostan pola prevención da contaminación, o deseño de produtos de acordo cos principios da química verde e a análise do ciclo de vida dos químicos para facelos máis seguros. "Demostramos que a contaminación química é un problema a gran escala e, como tal, require de estratexias de mitigación complementarias que van máis aló das tecnoloxías de tratamentos de augas residuais" subliña Malaj.

A investigadora quixo resaltar a situación en no Estado español: "Os sistemas de control españois son relativamente amplos e densos. Con todo, démonos conta de que as cifras reportadas na base de datos tiñan algunhas inconsistencias en relación co límite informado de cuantificación ­-a concentración máis pequena que se pode cuantificar de forma fiable polos métodos de análises-".

Esta incerteza, xunto co baixo número de compostos ecotoxicolóxicos rexistrados, podería subestimar o risco químico nas concas dos ríos do Estado español, segundo a científica.

Fonte: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS