Financiado por:
/ Medio ambiente

Onde se esconde a basura oceánica?

21-07-2014 - Contaminación

Normalmente o océano evoca imaxes de augas profundas dun intenso azul escuro e ondas perfectas que bulen de organismos exóticos e non tanto as de enormes illas de residuos plásticos como a Gran mancha de lixo do Pacífico, unha acumulación de desfeitos que hai quen sostén que supera en tamaño aos Estados Unidos. Por desgraza témese que as acumulacións de residuos desta natureza crezan parellas á produción de plástico dos últimos decenios. Sorprendentemente, un equipo de científicos descubriu que estas moles flotantes están a atravesar un proceso de redución para o que aínda non existe unha razón fundada e que poderá non ser en absoluto positivo.

Un estudo realizado por un equipo da Universidade de Cádiz suxire que a enorme cantidade de lixo plástico que ensucia a superficie do océano aparenta reducirse. O verdadeiro destino deste lixo oceánica é aínda un misterio.


É probable que o plástico se esté mergullando cara ás profundidades oceánicas: «Plantas e animais mariños poderían estar a se adherir aos residuos nun proceso denominado bioincrustación, aumentando así a súa densidade e facendo que deixe de flotar». Doutra banda, as partículas diminutas de plástico poderían estar a ser inxeridas por criaturas mariñas pequenas que á súa vez son pasto doutras maiores e máis proclives a acabar na cadea alimentaria humana.


Outra posibilidade inclúe a acción de bacterias mariñas que descompoñan os anacos de plástico máis pequenos até alcanzar tamaños submicroscópicos. Unha cuarta posibilidade, que os autores do estudo consideran pouco viable, é que estas partículas se están sedimentando nas costas.


«As profundidades oceánicas son unhas grandes descoñecidas. Por desgraza, a acumulación de plástico nestas contornas podería modificar estes ecosistemas, os maiores do mundo e aínda repletos de segredos, antes de exploralos tan sequera».


Os investigadores chegaron a estas conclusións mediante unha análise da cantidade de lixo plástico que flota no océano e a súa posterior correlación coa produción de plástico mundial e a velocidade á que se refuga: «A Academia Nacional das Ciencias de Estados Unidos calculou na década do setenta que ao océano chegaban unhas 45 000 toneladas de plástico anuais. Desde entón a produción de plástico quintuplicouse».


O equipo de investigación embarcouse na Expedición de Circunnavegación Malaspina 2010 para obter mostras da superficie da auga coas que medir concentracións de plásticos. En total analizáronse tres mil setenta mostras desta e outras expedicións.


O aumento vertixinoso do plástico producido desde a década do setenta convidou os investigadores a calcular un total de lixo oceánica na orde dos millóns de toneladas. No entanto, a inmensa maioría destes anacos pequenos de menos de cinco milímetros de tamaño non apareceu nas mostras. No resumo da investigación fan referencia a este feito: «Os cálculos indican que a cantidade global de plástico acumulado sobre a superficie dos océanos alcanza decenas de miles de toneladas, moito menos do esperado. As nosas observacións ao redor da distribución de tamaños do plástico flotante apuntan á existencia de sumidoiros a gran escala específicos para os fragmentos milimétricos».


Polo momento haberá que esperar antes de dar co paradoiro destas partículas, polo menos ata que o océano desvele o seu segredo.

Fonte: livescience.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS