Financiado por:
/ Medio ambiente

O quentamento global causa un cambio rápido no Ártico

18-02-2013 - MEDIO AMBIENTE

Unha expedición oceanográfica formada por científicos de 12 nacionalidades, entre eles dúas investigadoras do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambientais (Icta) da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), logrou demostrar por primeira vez que o quentamento global está a provocar un cambio "rápido" en todo o ecosistema ártico, dende a superficie ata as profundidades.

A investigación, que publica a revista "Science", está liderada por Alfred Wegener, do instituto Awi de Alemaña, e se centra nos resultados dunha campaña que levaron a cabo durante o verán de 2012 no Ártico Central, informou a UAB nun comunicado.

Os científicos comprobaron como o adelgazamento da superficie de xeo -en 2012 rexistráronse valores máximos- favorece a proliferación de "inxentes cantidades" de algas "Melorisa arctica", un tipo de planta que crece baixo a capa de xeo e que acaban acumulándose no fondo mariño, o que se traduce en rápidos procesos biolóxicos que causan a diminución da concentración de osíxeno.

A alga, segundo identificaron os investigadores, é responsable de como mínimo a metade da produción da materia orgánica na rexión, e co desxeo descenden a profundidades de máis de 4.000 metros, o que atrae grandes cantidades de cogombros e estrelas de mar.

O traballo describe os cambios que se están a producir na cobertura do xeo e as súas consecuencias sobre a produtividade oceánica e o ecosistema ártico.

A expedición

 A expedición contou con gran variedade de dispositivos ultramodernos de investigación con cámaras guiadas e vehículos operados de forma remota baixo a capa de xeo, co que os investigadores puideron visualizar as algas cun diámetro de ata 0,5 metros.

Así mesmo, mediron o consumo de osíxeno das bacterias e da fauna directamente no fondo do océano, utilizando microsensores, comprobando así que existe unha "grande actividade biolóxica" baixo as algas; xa que de feito na súa descomposición se comprobou que se reduce o osíxeno.

O proxecto permitiu "demostrar por primeira vez que o quentamento e os cambios físicos asociados causan rápidas reaccións en todo o ecosistema do Ártico Central ata as profundidades mariñas", indicou o investigador do Awi e Max Planck Institute Antje Boetius.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS