O mapa da deforestación en Galiza20-11-2013 - MEDIO AMBIENTEA Universidade de Maryland (EE.UU) mantén en liña unha aplicación que permite comprobar con enorme detalle o impacto da deforestación no planeta. | ![]() |
|---|
Global Forest Change baséase na análise de máis de 650.000 imaxes do satélite Landsat de todo o globo entre 2000 e 2012.
En Galicia, as zonas marcadas en vermello -onde o bosque retrocedeu- están sobre todo no corredor atlántico e no sureoste da provincia de Ourense, dunhas das áreas máis castigadas polos lumes forestais.
Na Península, Portugal e Galicia son claramente as zonas máis castigadas.
En Europa, só o sureste de Francia presenta tal grao de deforestación.
http://earthenginepartners.appspot.com/science-2013-global-forest
Fonte: galiciaconfidencial