Financiado por:
/ Medio ambiente

O estado español é un dos que máis aumentou as emisións

25-06-2013 - MEDIO AMBIENTE

WWF presenta o Informe de emisións de Gases de Efecto invernadoiro en España 1990-2012 para chamar a atención de que ou estado español segue sendo un dos estados industrializados que máis aumentou as emisións respecto a 1990.

O sector enerxético é o maior responsable do conxunto das emisións, e só unha política que promova as renovables pode evitar un incremento alarmante do CO2 nos próximos anos cando comece a recuperación económica.

A crise económica dos últimos anos posibilitou o descenso das emisións de gases de efecto invernadoiro, chegando en 2012 a unha redución do 1,9% respecto ao ano anterior. Non obstante, segundo demostra a análise elaborada por José Santamarta para WWF, é imprescindible dar un xiro á política enerxética do estado español para consolidar a tendencia descendente de emisións cando se inicie a recuperación económica. Este cambio pasa por fomentar un modelo sostible, eficiente e renovable, onde se implique a todas as administracións e axentes económicos e sociais.

¨O informe de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro en España 1990-2012¨ tamén constata que a caída das emisións en 2012 se debe, en boa medida, á crise económica. Tanto é así que os altos prezos do petróleo, a paralización da construción, o derrubamento nas vendas de automóbiles, a diminución da demanda eléctrica e de gas natural, así como o aumento do paro son, en boa medida, os responsables do descenso das emisións totais. Do mesmo modo, houbo unha diminución das emisións por habitante, que tamén se viron reducidas de forma considerable, pasando dun máximo de 9,8 toneladas de CO2-eq en 2005 a 7,3 toneladas de CO2-eq en 2012.

Por sectores, o sector enerxético é o maior responsable do conxunto das emisións, que en 2012 representou o 78% do total. As emisións máis importantes débense á xeración de electricidade e ao transporte por estrada.

O sector eléctrico é clave para reducir as emisións porque é onde hai máis posibilidades e, ademais, a un menor custo. Neste sentido, WWF recorda que as enerxías renovables no estado español evitaron en 2012 a emisión de 38 millóns de toneladas de CO2 e preto de 200 millóns de toneladas durante o período 2008-2012. Non obstante, para lograr este xiro é clave fomentar as enerxías renovables, rematando coa súa moratoria e garantindo unhas retribucións suficientes para impulsar o seu desenvolvemento.

Mar Asunción, Responsable do Programa de Cambio Climático de WWF España, recorda: "O cambio climático e a crise económica son as dúas caras dun modelo de desenvolvemento insostible". E engade: "Para lograr que o descenso das emisións se manteña cando comece a recuperación económica, é clave promover os proxectos nacionais e medidas internas de redución de emisións en todos os sectores, rematar coa incerteza regulatoria no sector eléctrico e acometer unha fiscalidade verde tanto no sector da edificación como no do transporte, entre outras medidas".

 

Fonte: Ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS