Financiado por:
/ Medio ambiente

O cambio climático maniféstase a través da auga

25-03-2013 - MEDIO AMBIENTE

O día 22 de marzo celebrouse o Día Mundial da auga. O tema deste ano é a cooperación. Aínda que a escaseza deste elemento é considerada a miúdo unha fonte de posibles conflitos, o aumento da presión dun clima cambiante tamén pode aproveitarse para continuar unha longa tradición de colaboración pacífica nesta materia.

O informe recente do Banco Mundial "Baixemos a temperatura" proporciona unha clara imaxe dun planeta 4°C máis cálido e as consecuencias daniñas para a agricultura, os recursos hídricos, os ecosistemas e a saúde humana. O documento revela que entre o 43% e o 50% da poboación mundial vivirá en países con escaseza de auga para fins deste século. Como resultado diso, é probable que a aridez aumente e que a seca sexa maior en moitas rexións dos países en desenvolvemento.

Os impactos do cambio climático maniféstanse con frecuencia como eventos relacionados coa auga, tales como inundacións, secas ou tormentas extremas. Os fenómenos meteorolóxicos severos levan consigo custos económicos e humanos. Por exemplo, as perdas a raíz das recentes inundacións en Thailandia, Paquistán e Australia foron desvastadoras: só en Thailandia, as perdas económicas en 2011 foron de aproximadamente 45.000 millóns de dólares, equivalentes ao 13% do produto interno bruto (PIB). Na actualidade, 1.600 millóns de persoas viven en países e rexións con escaseza absoluta de auga e espérase que esta cifra aumente a 2.800 millóns en 2025.

Ao considerar o custo humano do cambio climático, sábese que os máis afectados serán os que teñen menos capacidade de adaptación. Noutras palabras, os pobres e os máis vulnerables.

Mirando cara ao futuro, queda claro que as prácticas de xestión da auga do pasado xa non son suficientes. As transformacións no comportamento, as institucións e as políticas estarán no centro da nosa atención e a dos Gobernos e as empresas", dixo Rachel Kyte, vicepresidente de Desenvolvemento Sostible do Banco Mundial.

Aproximadamente 2.500 millóns de persoas carecen de acceso a saneamento e 1.000 millóns viven sen auga potable, o que leva 4.000 mortes infantís ao día a causa de enfermidades transmitidas pola auga. As perdas económicas pola falta de saneamento representan ata un 7% do PIB nalgúns países. Nas comunidades cuxos residentes defecan ao aire libre, que actualmente é a práctica diaria de máis de 1.000 millóns de persoas, as inundacións orixinadas por fenómenos meteorolóxicos extremos teñen o potencial de crear un medio aínda máis perigoso para os nenos ao aumentar as probabilidades de contraer diarrea.

Cooperación, clave na loita contra cambio climático

Ao declarar a 2013 como o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, as Nacións Unidas (ONU-Auga) está a chamar a atención cara a unha longa historia de diversas partes que cooperan para resolver os problemas de xestión dos recursos hídricos. O 80% dos ríos do mundo cruza as fronteiras nacionais. Existen centos de acordos sobre o manexo das augas transfronteirizas, incluídos 90 pactos internacionais sobre recursos hídricos relacionados coas concas hidrográficas compartidas de África. A medida que o cambio climático aumente a volatilidade dos ecosistemas acuáticos, a cooperación en canto ao acceso e a xestión dos recursos hídricos deberá garantir o benestar humano e o desenvolvemento sostible.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS