Financiado por:
/ Medio ambiente

O Prestige provocou danos por máis de 4.000 millóns

24-05-2013 - MEDIO AMBIENTE

A Fiscalía ratificou, no xuízo que se celebra en A Coruña pola marea negra do Prestige, que os danos polo accidente do petroleiro acontecido en novembro de 2002 ascenden a medio prazo para España a 4.328 millóns de euros, dos cales 2.439 millóns corresponden a Galiza. Unha cantidade que alcanza os 4.442 millóns de euros se se engaden os danos no litoral francés.

Na sesión deste martes, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Loureiro presentou un informe pericial a cargo da Fiscalía titulado "Custo económico e ambiental ocasionado polo afundimento do Prestige".
Nesta análise é no que se basea o Ministerio Fiscal para reclamar indemnizacións por un importe de 4.442 millóns, dos que o Fondo Internacional de Indemnización de Danos por Contaminación de Hidrocarburos (Fidac) xa aboou 114 millóns.

A perito da Fiscalía analizou ante o tribunal a repercusión da catástrofe nos diferentes sectores, aínda que explicou que os cálculos se fixeron a medio prazo porque "a día de hoxe, non hai suficiente base científica e académica para establecer unha estimación a longo prazo".

Ademais, durante a súa exposición, sinalou que no caso de Galiza os danos poderían ser "máis elevados" pola súa "alta dependencia" co sector pesqueiro.

O informe atribúe as maiores perdas para o sector turístico no Estado que, segundo cifrou Loureiro, rozan os 500 millóns de euros. Tamén subliñou que as perdas no sector pesqueiro no Estado ascenderon a 205 millóns, aínda que precisou que hai que sumarlle outros 200 millóns pola caída de reputación e imaxe do sector, o que repercutiu nos seus prezos.

Así mesmo, Loureiro cifrou a perda no sector acuícola en 48 millóns, ao tempo que destacou os 71 millóns de perdas para o sector industrial ou aos 3,78 millóns que supuxo para o transporte marítimo, segundo analizou.

En canto aos danos na saúde nas atencións aos voluntarios que participaron na limpeza das praias, indicou que ascenden a 5,5 millóns, aínda que advirte de que podería ser máis porque "hai estudos" que están a detectar enfermidades que aparecen " a longo prazo" e que supostamente estarían relacionadas coa catástrofe.

Tras a súa intervención, na que a perito tamén indicou que as reclamacións por danos civís acreditados ascenden a 1.446 millóns e o resto se inclúe en danos ambientais, o letrado do Fidac, Mike Garteiz, indicou que aquelas cantidades adiantadas polo Estado español deberían constar con carácter indemnizatorio e ser descontada dos fondos pendentes a repartir.

Non obstante, a perito da Fiscalía cualifícaas como "axudas sociais". En calquera caso, Garteiz cuestionou o método deste informe e considerou "desproporcionadas" as cantidades reclamadas.

 

Fonte: elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS