Co financiamento de:
/ Medio ambiente

O Inventario Español de Zonas Húmidas incorpora 30 ecosistemas

27-02-2013 - MEDIO AMBIENTE

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, MAGRAMA, anunciou, con motivo da celebración do Día Mundial das Brañas, a incorporación de trinta novos ecosistemas ao Inventario Español de Zonas Húmidas, que suma xa 267 brañas, e que ocupan unha superficie de 167.358,44 hectáreas en todo o estado.

Dende 1997, celébrase o Día Mundial das Brañas o 2 de febreiro, data na que se adoptou en Ramsar (Irán) o Convenio relativo ás Brañas de Importancia Internacional, especialmente como hábitat de aves acuáticas, máis coñecido como Convenio de Ramsar (adoptado en 1971).

O lema do Día Mundial das Brañas 2013 é "As brañas e o manexo da auga", cuxo obxectivo fundamental é fomentar a sensibilización acerca da interdependencia da auga e as brañas.

Entre as brañas que se sumaron ao Inventario do estado español (todos eles do País Vasco) encóntranse algúns tan emblemáticos como o Lago de Arreo, a Ría de Guernika-Urdaibai ou Salburúa, de alto valor ecolóxico.

O estado español ocupa o terceiro lugar entre os países do mundo por número de brañas de Importancia Internacional incluídas na Lista Ramsar, e achega 74 destes espazos, distribuídos por toda a xeografía estatal. Entre eles, inclúese a dous Parques Nacionais: Doñana e Táboas de Daimiel.

O termo "braña" engloba unha tipoloxía moi variada de ecosistemas, como lagoas, pantanos, deltas, marismas, e a súa singularidade radica nas súas condicións hidrolóxicas, xa que funcionan como ecosistemas de transición ou intermedios entre os ambientes terrestres e os estritamente acuáticos, o que determina a riqueza e diversidade de vida que atesouran. Ademais, albergan o 40% das aves acuáticas que invernan no Mediterráneo occidental.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS