Financiado por:
/ Medio ambiente

O Goberno non está a cumprir a normativa europea da auga

22-05-2013 - AMBIENTE

A Comisión Europea constatou, nunha carta enviada a Ecoloxistas en Acción, que o Estado español incumpre a Directiva Marco de Auga na maioría das demarcacións hidrográficas.

Trátase dunha reincidencia no incumprimento, tras unha sentenza condenatoria do Tribunal Europeo de Xustiza, polo que as autoridades europeas deberían levar ao Goberno español de novo ante a xustiza para a imposición de sancións e medidas coercitivas.

Ecoloxistas en Acción presentou en 2010 unha queixa pola ausencia dos Plans hidrolóxicos aos que obriga a Directiva Marco de Auga (DMA). O pasado mes de outubro de 2012 o tribunal europeo considerou probado este incumprimento e a Comisión Europea requiriu o Estado español que o informara de como pensaba axustarse á directiva.

A resposta non satisfixo ás autoridades comunitarias, que así llelo comunicaron por carta.

A Comisión Europea constata agora que o Estado español segue en situación de incumprimento para a maioría de demarcacións hidrográficas, polo que ten que decidir se leva de novo o caso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE).

Ao tratarse dunha reincidencia no incumprimento, segundo establece o Tratado de Funcionamento da UE no seu artigo 260, a Comisión deberá indicar ao tribunal o importe da suma a prezo fixado e da multa coercitiva (que habería que seguir pagándose por cada día que persista o incumprimento) que estima oportunas.

Dado o volume de plans que incumpren o prazo, esta multa podería ser moi elevada. Neste sentido, o Goberno español está a actuar cunha grande irresponsabilidade porque, ademais de non elaborar unha planificación hidrolóxica axeitada, está a expoñer a poboación a unha situación económica aínda máis difícil.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS