Financiado por:
/ Medio ambiente

O Estado español por debaixo da media europea en tratamento de residuos

16-04-2015 - Residuos

Segundo os datos de Eurostat, o tratamento de residuos no Estado español situase moi por debaixo da media doutros estados europeos. Os datos fan referencia a reciclaxe, compostaxe, incineración e utilización de vertedoiros. O Tribunal Europeo de Xustiza imporá ao Estado español unha sanción multimillonaria por ter superado o prazo para a clausura de 63 vertedoiros que non cumpren a normativa europea, situados en 6 Comunidades Autónomas (o procedemento iniciouse en 2006, entregándose un primeiro dictame no 2008).

Así en reciclaxe, a media europea é do 28% do total dos residuos que volven ao ciclo de utilización fronte ao 20% no Estado español: en compostaxe, procedemento polo que a materia orgánica transfórmase en compost (abono natural) , a media europea sitúase no 15% fronte ao 10% do Estado español; en incineración, a media europea é dun 26%, fronte a un 10 % no caso do Estado español; na utilización de vertedoiros a porcentaxe é do 31%  de media europea (con casos que non chegan ao 4% como Dinamarca, Suecia, Alemania, Bélxica, Austria, Suíza ou Noruega) fronte ao 60% no Estado español.

A xeración de residuos por  persoa é de media en Europa de 481 kg. Fronte aos 449 no Estado español, sendo Dinamarca a que máis residuos xera, 747 kg., seguida de Luxemburgo e Alemaña, e as que menos Rumanía, Polonia e Estonia, que  están en torno aos 300 kg.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS