Financiado por:
/ Medio ambiente

O Convenio da Industria Química recolle a figura do Delegado de Medio Ambiente

18-11-2010 - O medio ambiente no noso traballo

O XIV Convenio Xeral da Industria Química recoñece, por primeira vez no ámbito dun convenio colectivo sectorial, a figura do Delegado de Medio Ambiente.

O XIV Convenio Xeral da Industria Química recoñece, por primeira vez no ámbito dun convenio colectivo sectorial, a figura do Delegado de Medio Ambiente. As relacións entre a industria e o medio ambiente están evolucionando de forma acelerada nos últimos anos, buscando acomodarse ás novas percepcións sociais e aos avances tecnolóxicos. Encontrámosnos na transición da formulación de “quen contamina paga” ao da “contaminación evítase, non se xustifica”.  Que as condicións empezan a estar maduras para estes cambios pono de manifesto o XIV Convenio Xeral da Industria Química, onde se recolle a obriga das empresas de dar conta nas reunións do comité de Seguridade e Saúde dos rexistros medioambientais e as medidas preventivas adoptadas (art. 67), o alcance do cumprimento de Compromiso de Progreso (arts. 76.1.A.2.b e 67). E o recoñecemento, por primeira vez no ámbito da negociación colectiva sectorial en España, da figura do Delegado de Medio Ambiente, que poderá ser elixido de entre os Delegados de Prevención con dereitos equivalentes a estes en información, formación e participación. Iso pode supor a elección no ámbito da química española, de centos de delegados, co potencial transformador que entrañan. Por outra banda, o Convenio Xeral é de aplicación tamén nas empresas químicas con convenio propio que non teñan expresamente reguladas estas cuestións. Estes avances engádese o recoñecemento dun crédito sindical de 40 horas mensuais en todos os centros do grupo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS