Financiado por:
/ Medio ambiente

O 90% dos residuos electrónicos son desbotados ilegalmente

17-07-2015 - RESIDUOS

Segundo o Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) ata o 90% dos residuos electrónicos de todo o mundo, son vendidos ou desbotados ilegalmente cada ano. Un informe da Universidade das Nacións Unidas revela que no 2014 foron desbotados 42 millóns de toneladas de residuos electrónicos cun custo de 52 mil millóns de dólares para a economía global.

O PNUMA di que ordenadores e teléfonos intelixentes son algúns dos dispositivos que contribúen a esta montaña de refugallos electrónicos, que podería superar os 50 millóns de toneladas en 2017.

A exportación de residuos perigosos dos países membros da UE e da Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento (OCDE) aos países de fóra da OCDE está prohibida. Non obstante, o PNUMA afirma que miles de toneladas de lixo electrónico se declaran falsamente como produtos de segunda man e son exportados dende países desenvolvidos a países en desenvolvemento, incluído os residuos de pilas falsamente descritos como plástico ou ferralla mixta, e tubos e monitores de ordenador falsamente declarados como ferralla metálica.

Países como Ghana, Nixeria, China, Paquistán, India e Vietnam estanse a converter en centros de refugallos electrónicos ilegais, sen pasar polo mercado lexítimo dos residuos e a reciclaxe mundial que se pensa que ten un valor de 410 mil millóns de dólares ao ano.

PNUMA quere que os países reforcen a lexislación nacional e a aplicación da lexislación dos residuos electrónicos, así como traballar para aumentar a recuperación de metais valiosos e outros recursos contidos nos produtos electrónicos.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS