Financiado por:
/ Medio ambiente

Novo método para capturar chumbo e cadmio en augas contaminadas

26-05-2016 - Medio ambiente

Científicos das universidades de Córdoba e Bochum (Alemaña) veñen de desenvolver un sistema que captura de forma selectiva o chumbo e o cadmio, dous potentes contaminantes procedentes da actividade industrial, o que axuda a reducir estos metais en ríos e balsas de auga; este sistema emprega hidrotalcitas, uns compostos con magnesio e aluminio.

Artigos de uso moi común como s baterías dos coches, as pilas dos diferentes dispositivos ou os restos de pinturas ou pigmentos usados ata hai pouco teñen cantidades significativas de chumbo e cadmio, dous metais pesados moi contaminantes.

As hidrotalcitas estaban sendo empregados como descontaminantes debido á súa estrutura laminar. Chamados tamén hidróxidos dobres laminares ou arxilas aniónicas, estes compostos son capaces de intercambiar aniones na súa zona interlaminar con substancia aniónicas como os pesticidas, as tinguiduras ou os fosfatos e nitratos de uso agrícola. Por medio desta capacidade de intercambio, os compostos tóxicos podíanse retirar do medio ambiente.


O equipo investigador observou novas propiedades destes descontaminantes e usou dous hidrotalcitas como substratos para a eliminación electroquímica de metais toxicos de forma selectiva. "As hidrotalcitas modifican os eléctrodos e favorecen a deposición dos metais pesados. Ao capturalos, pódense recuperar para os seus posibles usos posteriores", explica a investigadora principal do estudo. Nun traballo previo, os investigadores demostraron en laboratorio a capacidade de absorción da hidrotalcita con tres metais pesados: cobre, cadmio e chumbo; así mesmo observaron que este composto resulta eficiente á hora de absorber contaminantes cando se atopan simultáneamente nas augas contaminadas.
Os resultados están publicados na revista Physical Chemistry Chemical Physics.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS