Financiado por:
/ Medio ambiente

Nova ferramenta para consultar a predición de po mineral na atmósfera

05-10-2015 - MEDIO AMBIENTE

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) incorporou á súa páxina web unha nova ferramenta para a predición de po mineral atmosférico. O encargado de producir e distribuir diariamente as predicións do contido de po que hai na atmósfera, é o Barcelona Dust Forecast Center que está xestionado por AEMET e o Barcelona Supercomputing Center. Trátase do único centro deste tipo no mundo recoñecido pola OMM.

En 2006 a OMM estableceu as bases para crear o Sistema de Avaliación e Aviso de Tormentas de Po e Area (SDS-WAS), e en 2007 aprobou a creación de dous centros rexionais SDS-WAS dedicados á investigación sobre modelización e observación de po atmosférico: un xestionado pola Axencia Chinesa de Meteoroloxía, e con ámbito xeográfico de Asia Oriental e Pacífico, e o outro, xestionado conxuntamente por AEMET e BSC-CNS para o Norte de África, Oriente Medio e Europa, sendo este último o Primeiro Centro Operativo Mundial debido á excelencia na elaboración de predicións de po atmosférico.

Durante os últimos anos, comprobouse que o po atmosférico afecta á exactitude das predicións meteorolóxicas, xa que repercuten nas propiedades físicas das nubes e nos niveis de radiación solar, desempeñando así mesmo un papel relevante no clima.

As partículas en suspensión degradan a calidade do aire, podendo ter efectos negativos sobre a saúde, o medio ambiente e algunhas actividades económicas, en particular a aviación, pola diminución de visibilidade, e a xeración de enerxía solar.

Por outra banda, o seu contido de sales minerais e metais pode ter un efecto fertilizador positivo para a agricultura e a pesca nas zonas onde estas partículas deposítanse.

Ligazón á páxina web: http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/polvo_mineral

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS