Financiado por:
/ Medio ambiente

Modelo matemático que permite predecir a resposta biolóxica que se xera en organismos expostos a contaminantes

09-03-2016 - Medio ambiente

Este modelo, elaborado por investigadores da Universidade Autónoma de Madrid estabelece un marco para predicir por primeira vez a resposta biolóxica en mesturas de contaminantes. A ferramenta está implementada nun software gratuíto denominado "R" e pode resultar moi útil na avaliación de riscos ambientais

Na ecotoxicoloxía (ciencia que estuda o efecto dos compostos tóxicos sobre os seres vivos) empréganse modelos matemáticos para determinar a toxicidade dos contamimantes liberados ao medio ambiente. Por ser a situación máis común no medio ambiente, nos últimos anos incrementouse o interese por saber o que sucede cando os contaminantes son liberados ao medio ambiente.

A maoría dos biotest que se empregan habitualmente en toxicoloxía acuática baseánse na inhibición do crecemento ou dunha actividade metabólica específica dun organismo sentinela ou biosensor; os test xeran unha curva dose-resposta monotónica (maior dose de contaminante, maior inhibición de crecemento ou actividade). Existen biosensores de última xeración que dan lugar a curvas dose-resposta mais complexas (como as curvas dose-bifásicas que aparecen por exemplo na produción de hormonas, na actividade de disruptores endocrinos ou na expresión de moitos xenes de resposta á tensión ambiental); o problema deste tipo de curvas é que son máis difíciles de analizar,non existindo até agora un marco teórico nin práctico que permitira estudar o efecto que produce neste tipo de biosensores a coexistencia de contaminantes.

Este novo modelo matemático permite axustar curvas dose-resposta bifásicas e estabelece un marco teórico para predecir a resposta biolóxica a mesturas de contaminantes.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS