Financiado por:
/ Medio ambiente

Lume nunca máis, o noso monte importa

16-10-2017 - Comité en Defensa do Monte Galego

A vaga de lumes afectou este domingo a toda Galiza: ata en 17 concellos declarouse alerta nível 2, o que significa que neses lugares houbo riscos para a vida humana. A CIG lamenta profundamente a morte das persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados que asolaron esta noite montes e poboacións enteiras en distintos puntos de Galiza e nomeadamente de Pontevedra, Ourense e Lugo.

Unha situación catastrófica da que a central sindical responsabiliza á “política forestal pirófita do Partido Popular”, pola que esixe a dimisión do presidente da Xunta. Chama ademais ás concentracións convocadas de urxencia por toda a xeografía galega este luns día16 ás 20 horas.

Ausencia informativa dos medios de comunicación públicos galegos, que permaneceron alleos á gravísima situación na que vivía o país mantendo a programación prevista para esa xornada sen dar sequera información das alertas que se sucederon ao longo da xornada e que puxeron en grave risco a poboacións enteiras eludindo o seu labor de servizo público. "Houbo unha resposta tardía, insuficiente e patética, e só cando as críticas anegaban as redes sociais", sinalan dende o comité interempresas da CRTVG, que veñen de esixir a demisión do director xeral do ente. Mais información 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS