Lixo electrónico: reutilización ou reciclaxe?16-06-2015 - Medio ambienteSegundo o director executivo do Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) o "tsunami de refugallos electrónicos que asolaga o mundo non só representa unha grande parte dos residuos non reciclables a nivel mundial, senón que tamén require tratamento debido a que moitos elementos que se atopan nos equipos electrónicos son potencialmente perigosos para as persoas e o medio ambiente". O proxecto EcoRaee, liderado pola Universidade de Vigo, conclúe que a reutilización é máis eficiente que a reciclaxe. | ![]() |
|---|
O xefe do organismo das Nacións Unidas encargado de establecer a axenda ambiental global indicou tamén que "é unha estupidez económica porque estamos a desperdiciar unha gran cantidade de materias primas que son esencialmente reutilizables, tanto se se trata de ouro, prata ou algunhas das terras raras das que se fala nos últimos anos, o seu valor é unha cantidade incrible." "Nalgúns casos a cantidade de materiais que están dispoñibles dentro de equipos non empregados supera á existente no chan". Referiuse tamén ao Convenio de Basilea para mellorar o acceso ás "minas urbanas" mediante unha mellor información ao público sobre como desfacerse do lixo electrónico.
Segundo Organismos europeos, se estima que o 4% do lixo xerado no continente europeo é electrónico; calcúlase que para o 2020 trataranse de xeito inadecuado máis de catro toneladas por ano de ordeadores, móbiles ou consolas. o procedemento de reciclaxe basáse na actualidade fundamentalmente na fundición dos compoñentes para a fabricación doutros novos; moitas das compoñentes destes equipos son altamente contaminantes.
A reutilización como alternativa ao reciclaxe.
Segundo as conclusións do proxecto EcoRaee, a reutilización supón un aforro de 45 euros en custes ambientais por aparello tratado fronte á reciclaxe. Este proxecto realizado a través do programa da Unión Europea LIFE+, desenvolveuse durante 3 anos de traballo e se centrou en catro procesos demostrativos que deron unha segunda oportunidade a ordenadores en desuso, aínda que podería terse realizado paro outro tipo de aparellos como lavadoras, neveiras,....
A primeira demostración consiste en empregar una CPU como unidade central de adquisición de datos e control, permitindo controlar a iluminación e o aire acondicionado na Escola de Enxeñería Industrial. A segunda demostración está centrada no deseño de clusters de ordeadores, creando equipos moi potentes a partires de CPU en desuso: o prototipo, deseñado en colaboración co Cesga, conta de 20 CPU e se atopa no CITI de Ourense. A terceira demostración emprega os equipos como seguridade perimetral, para protexer redes intranet; as probas realizáronse en empresas da Confederación de Empresarios de Ourense. O cuarto demostrativo centrouse en realizar novos ordeadores, que se donaron a ONGs, a partir de pezas utilizables.